Arquivo de 29 Agosto 2008

Simulacro das televisións portuguesas en Galicia… será así realmente? :D

Mira que me gustou un dos episodios que repuxeron onte na TVG de ‘Air Galicia‘. O fío condutor era unha suposta independencia de Galicia e a súa adhesión ao “Imperio” (así dicían eles) portugués. Ao final do capítulo, as augas volvían ao rego, pero vaia… a min o que máis simpático me pareceu foi este anaco.

Se o outro día me declarei fan de Projecto Mourente, hoxe preséntome ante vós como incondicional de Isi, que está estupendo facendo de muller (e de home tamén). Simplemente soberbio! :D (como é que non ten páxina web? eu non a dei encontrado, vaia).

Fixádevos que o sketch primeiro recorre a un dos falsos amigos do portugués: a palabra “espantoso”, con significados tan distintos a un e ao outro lado da fronteira. No segundo sketch unha das señoras que ve a tele di: “e agora que falan en portugués xa non sei nin o que din”. Síntoma de que non hai intelixibilidade mutua?

Os actores todos están moi ben imitando o sotaque portugués… pero tamén deixan en evidencia o dificilísimo que é articular con ese acento tan marabilloso que teñen alá baixo. Éche tan difícil ser galego e facerte pasar por portugués!

13 comments Agosto 29th, 2008


AVISOS


Aínda non asinaches no manifesto a favor de 'bueno'?

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 22:59

alema: non che abre en quin.tv? http://quin.tv/video/117-o-reintegracionismo

llik: Meu Deus! acábome de decatar de que eu só pido cousas neste blogue haha

llik: Eu sigo a non poder ver o video de Quin... poderias colgalo no Youtube xD

one2: acabo de ver o vídeo a quin :lol: conta coa resposta politicamente correta :-D

alema: :D :D para que escribirán a trapallada esa?

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta