Rufião, rufião… onde foi meu rufião?
Hoxe quero renderlle unha homenaxe a Projecto Mourente. Non gañou o apologhit, pero tanto me dá. Para min a de ‘Chuliboy’ foi a mellor canción, sen dúbida ningunha. E isto para que vexan moitos que non son un sectario anti-reintegracionista. Con todo, gustaríame ter o atrevemento de propoñer unha versión do seu ghit posiblemente máis acorde para a lusofonía. Se cadra é unha parvada, pero bueno… xa sabedes que me entreteño con estas cousas.

A letra orixinal do ‘Chuliboy’ é:
Que fará o meu chuliboy? Onde vai o meu chuliboy? Nom sei onde o buscar, tampouco sei a quem chamar. As horas passam e eu começo já a desesperar. Chuliboy, chuliboy! Onde está o meu chuliboy? Que fará o meu chuliboy? Com quem vai o meu chuliboy? A noite está a chegar, nom dá soado o celular. A impaciência está a me matar, nom podo máis. Chuliboy, chuliboy! Onde está o meu chuliboy? A gente está a falar que tenho a idade de seu pai. Eu nom quero escuitar, só quero que apareça já.
A miña proposta sería:
Que fará o meu rufião? Onde vai o meu rufião? Não sei onde procurar, também não sei a quem ligar. As horas passam-se; eu começo já a desesperar. Rufi-ão, rufi-ão, onde foi meu rufião? Que fará o meu rufião? Com quem vai o meu rufião? A noite está a chegar, não toca já o celular. A impaciência está-me a matar, não posso mais. Rufi-ão, rufião! Onde foi meu rufião? A malta está a falar que tenho a idade de seu pai. Eu não quero escutar, só quero vê-lo aparecer já.
A letriña tería que cantarse con seseo, por suposto.
O de “rufião” (pronunciado con “r” fricativa uvular /ʁ/, ou sexa, igual que en francés) é unha proposta máis “pan-lusista”, dado que “chuliboy” podería cualficarse de “castrapo” polos máis puristas (cousa que non comparto, por suposto). Moitos éxitos na vosa carreira PM… e veña! a arrasar na lusofonía
Aquí tedes un fan de por vida. ![]()
15 comments Agosto 27th, 2008


