Arquivo de 26 Agosto 2008

Responder “diga?” ao teléfono é ‘castrapo’? Como habemos facer logo?

As linguas desenvólvense tamén a partir da tecnoloxía. Houbo que inventar e/ou adaptar palabras e expresións continuamente para o manexo de novos trebellos. Vémolo día a día coa internet… pero hai outros “inventos” que obrigaron a crear unha linguaxe específica, que temos interiorizada todos. Por exemplo, os galegofalantes cando collemos o teléfono, todos dicimos “diga?”. Pero é isto o que despectivamente denominan algúns ‘castrapo‘?

Formalmente, non é incorrecto dicir a palabra “diga”… é un imperativo do verbo dicir… pero non é a fórmula que se emprega en portugués, por exemplo. Alí, a xente di “tou (apócope de “estou”, que tamén se di) cando colle o telefone. Parece que a orixe do “tou” está nos inicios mesmo do invento. Quen collía a chamada respondía “tou” para confirmarlle ao seu interlocutor que si que “estaba” conectado ou ligado, como din eles. De aí que cando hai que facer un segundo “tou” por problemas na comunicación é tamén habitual dicir “tou sim” (”si que estou”). A persoa que fai a chamada, para confirmarlle ao seu interlocutor que tamén está á escoita, adoita tamén dicir “tá” (”está”).

Unha conversa telefónica á portuguesa sería algo así:

A - Tou!

B - Tá! Desculpe, minha senhora…

Se no medio da conversa hai interferencias, o interlocutor A ben pode dicir iso de “tou sim!?” ou mesmo “tou tou (que en pijo portugués chega a pronunciarse “tô-tô”) :D

Isto para nós os galegos é chinés literalmente. Nós seguimos coa fórmula do “diga?”, do “si?”, do “ola?”,… pero nin de lonxe estamos preparados para asumir o “tou“, ““, “tou sim“, “tou tou“, etc. É ou non é?

24 comments Agosto 26th, 2008


AVISOS


Aínda non asinaches no manifesto a favor de 'bueno'?

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 22:59

alema: non che abre en quin.tv? http://quin.tv/video/117-o-reintegracionismo

llik: Meu Deus! acábome de decatar de que eu só pido cousas neste blogue haha

llik: Eu sigo a non poder ver o video de Quin... poderias colgalo no Youtube xD

one2: acabo de ver o vídeo a quin :lol: conta coa resposta politicamente correta :-D

alema: :D :D para que escribirán a trapallada esa?

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta