Arquivo de 25 Agosto 2008

‘Pequín’ mola máis que ‘Beixín’

Agora que terminan os Xogos Olímpicos, e que varios medios en galego repetiron ata a saciedade o de ‘Beixín’, pregúntome seriamente por que optaron por esa solución e non pola de ‘Pequín’, que é máis tradicional e ademais a recomendada pola RAG.

De feito, cando consultas no VOLGA (ese río tan caudaloso) polo xentilicio ‘pequinés’, aparéceche “Pequín (China)” nas observacións. Nin ‘Beixín’ nin ‘beixinés’ figuran na lista da Real Academia. Por iso, pregúntome que levaría os inventores de ‘Beixín’ a optar por esa solución.

En chinés, a cidade dise /peitɕiŋ/ cun p clarísimo con denominación de orixe… e se desde o tempos de María Castaña se di Pequín “aquí e en Pequín”… por que optar por unha galeguización da transcrición pinyin ‘Beijing’? Postos a galeguizar, por que non ‘Peichín’? O fonema /tɕ/ échevos máis parecido ao noso ‘ch’ /ʧ/ ca o ‘x’ /ʃ/, non?

Cómpre recordar tamén que en portugués tamén se prefire a solución ‘Pequim‘ á de ‘Beijing’e ata os reintegratas escriben ‘Pequim‘! Non entendo nada…

Como se debe chamar a capital da China?

Ver resultados

Loading ... Loading ...

12 comments Agosto 25th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta