Propaganda
24/Agosto/2008
O reintegracionismo emprega técnicas de propaganda para estender as súas ideas. Como propaganda enténdese “un modo específico de presentarse unha información, co obxectivo de servir unha axenda; mesmo que a mensaxe inclúa cousas verdadeiras, é posible que esta sexa partidaria e que non presente un escenario completo e equilibrado do obxecto en cuestión”. Velaquí algunhas técnicas de propaganda e a súa aplicación práctica no tema que nos ocupa.
- Ad hominem. Ataca o teu opoñente, non os seus argumentos. Os máis intransixentes recorren ao insulto e atacan persoalmente os que non pensan igual cando non os dan convencido das súas teses.
- Ad nauseam. Repite incesantemente unha información, aínda que sexa falsa ou imparcial. A técnica funciona mellor cando o propaganista controla o medio. Os reintegratas fanse moi visibles en certos medios, sobre todo da Internet, onde repiten constantemente as súas mensaxes.
- Chamamento á autoridade. Cítase unha figura prominente para apoiar un posicionamento, idea, argumento ou acción en desenvolvemento. Entre os reintegratas, son constantes os chamamentos á autoridade de Castelao e Carvalho Calero, sobre todo.
- Chamamento ao medo. Busca de apoio a unha idea ou causa, instigando o medo na poboación en xeral. Os reintegratas apelan constantemente á desaparición (ás veces case inminente) do galego e pintan un panorama coa normativa actual totalmente negro para o idioma.
- Chibo expiatorio. Atribuírlle a culpa a un individuo ou grupo que non sexa efectivamente responsable, aliviando sentimentos de culpa de partes responsables ou desviando a atención da necesidade de resolver un problema cuxa culpa foi atribuída a aquel que está emitindo a propaganda. O chibo expiatorio do reintegracionismo é, sen lugar a dúbidas, Filgueira Valverde, a quen se lle atribúe practicamente en exclusiva a decisión de optar pola actual normativa da RAG, aínda que tamén hai outros chibos de menor entidade…
- Demonizar o inimigo. Facer crer que os individuos que pensan o contrario son inhumanos. Destácase incesantemente a “marxinación” á que foi sometido Carvalho Calero, o pai do reintegracionismo, despois de que non triunfase a súa proposta.
- Desaprobación. Técnica usada para desaprobar unha acción ou idea suxerindo que ela é popular entre grupos odiados, ameazadores ou que estean en conflito co público-obxectivo. Así, se un grupo que apoia unha idea é levado a crer que persoas indesexables, subversivas ou conflitivas tamén a apoian, os membros do grupo poden decidir mudar a súa posición. Os reintegratas transmiten constantemente que se apoias a normativa RAG es españolista, facha, contribúes á desaparición do galego, falas ‘castrapo’, etc.
- Efecto dominó ou vagón de cola. Intenta convencer a audiencia para que colabore cunha acción “coa que todos están colaborando”; é o típico “únete a nós”. Esa técnica reforza o desexo natural das persoas de estar no lado vitorioso e pretende convencer a audiencia de que un programa é a expresión dun movemento de masas irresistible e que é do seu interese xuntarse a el. O movemento reintegracionista está plenamente convencido da súa vitoria final; se non, non actuaría do xeito que o fai. Tamén fai chamamentos a unirte a el para poder comunicase con millóns de falantes (da lingua portuguesa).
- Enarborar bandeiras. É un intento de xustificar unha acción facendo crer que é patriótica ou que beneficia un grupo, país ou idea. O reintegracionismo tende a atribuírse en exclusiva a defensa do país e do seu idioma; o resto das institucións só contribúen á súa destrución.
- Estereotipación. Técnica que busca provocar o rexeitamento nunha audiencia, rotulando o obxecto da campaña de propaganda como algo que o público-obxectivo teme, ten aversión ou considera indesexable. O dito: a norma RAG para o reintegracionismo é españolismo, e esa é a base para atraer novos usuarios, entre os que non se senten españolistas senón todo o contrario.
- Euforia. O uso dun acontecemento que xera euforia ou felicidade para subir a moral. Euforia pode ser declarar un día ou organizar un desfile con mensaxes patrióticas. O Día do Orgulho Lusista e Reintegrata.
- Falacia do branco/negro. Ou comigo ou contra min. Para moitos reintegracionistas radicais, non hai termo medio. Ou reintegracionismo ou español. Ou norma portuguesa ou castrapo.
- Home común ou home do pobo. É unha tentativa de convencer a audiencia de que as posicións do propagandista reflicten o sentido común das persoas. É utilizada para obter a confianza do público comunicándose de maneira común e no estilo da audiencia. Os propagandistas usan a linguaxe e os modos comúns nunha busca de identificar os seus puntos de vista con aqueles da “persoa media”. O famoso “respecto pola oralidade” do reintegracionismo, non compartido por todo o movemento (onde hai persoas, por exemplo, que promoven o seseo e condenan a gheada), é un intento por comunicarse á maneira do público-obxectivo.
- Palabras virtuosas. Son palabras sacadas do sistema de valores do público-obxectivo, que tenden a producir unha imaxe positiva cando están asociadas a unha persoa ou causa (exemplos: paz, felicidade, seguridade, liderado, liberdade, etc.). No caso dos reintegratas, utilízase sobre todo liberdade e patriotismo.
- Propaganda enganosa. Son medios de ofrecer o que non se ten, forzando o comprador ou consumidor a comprar outro produto. Os reintegratas venden que unha norma portuguesa nos servirá para entrar en pé de igualdade na lusofonía, cando está demostrado que é radicalmente falso.
- Racionalización. Usar afirmacións xenéricas favorables para racionalizar e xustificar actos e crenzas cuestionables. Frases xenéricas e agradables son frecuentemente usadas para xustificar esas accións ou crenzas. “O galego, coñecido internacionalmente como portugués, é falado por <colóquese unha cantidade entre 200 e 250 millóns> de persoas”; “O galego morre coa norma da RAG”, “A culpa de que se fale menos galego é da norma actual”, “Os portugueses do Norte séntense galegos”, “O que se fala no norte de Portugal é moi diferente do que se fala en Lisboa”, etc.
- Slogan. Un slogan é unha frase curta e impactante que pode incluír estereotipación. Os bos slogans son ideas auto-perpetuables. “En <colóquese calquera país lusófono> fálase galego”, aínda que se cadra o slogan de maior triunfo dos reintegracionistas son as palabras “isolacionista” e “isolacionismo” para definir os que non pensan coma eles.
- Supersimplificación. Afirmacións vagas e favorables son utilizadas para fornecer respostas simles para problemas complexos de natureza social, económica, política… “O galego e o portugués son a mesma lingua”, “Para que imos reclamar tal servizo en galego se xa dispoñible está en portugués ou galego internacional?”
- Termos de efecto. Son palabras de intenso chamamento emocional tan intimamente asociadas a conceptos e crenzas moi valorizados que convencen sen a necesidade de información ou razóns que as apoien. Apelan a emocións como o amor á patria, o fogar, o desexo de paz, liberdade, gloria, honra, etc. Solicitan o apoio sen o exame da razón. Menos desexo de paz, o resto das expresións empregadas son empregadas decote polo reintegracionismo.
- Testemuño. Son citacións, dentro ou fóra de contexto, efectuadas especialmente para apoiar ou rexeitar unha idea, acción, programa ou personalidade. Explótase a reputación ou papel da persoa citada. O testemuño dálle unha sanción oficial dunha persoa ou autoridade respectada á mensaxe de propaganda. O que se pretende é causar no público-obxectivo unha autoridade ou para que acepte a opinión da autoridade como súa propia. Castelao é a principal referencia, e reescríbense as súas frases á norma AGAL para darlle outro aire:
- «O galego é um idioma extenso e útil, porque -com pequenas variantes- fala-se no Brasil, em Portugal e nas colónias portuguesas.»
- «…a nossa língua está viva e floresce em Portugal, falam-na e cultivam-na mais de sessenta milhões de seres que, hoje por hoje, ainda vivem fora do imperialismo espanhol.»
- «Nengum galego culto deve consentir que a fala do seu povo -umha fala de príncipes, que ainda é senhora em Portugal e Brasil- seja escrava no pátrio lar, sem direito a ir à escola nem a apresentar-se como igual do castelhano.»
- «Desejo, ademais, que o galego se acerque e confunda co português»
- «O galego é um idioma extenso e útil, porque -com pequenas variantes- fala-se no Brasil, em Portugal e nas colónias portuguesas.»
- Transferencia. Técnica que proxecta cualidades positivas ou negativas (eloxios ou censuras) dunha persoa, entidade, obxectivo ou valor (dun individuo, grupo, organización, nación, raza, etc.) para outro, para facer ese segundo máis aceptable ou para desacreditalo. Esa técnica é xeralmente usada para transferir culpa dunha parte en conflito para outra e evoca unha resposta emocional, que estimula o público-obxectivo a identificarse con autoridades recoñecidas. “A RAG ten entre os seus membros a Fraga e Franco”, co que se dá a entender que a RAG é franquista e fraguista, por exemplo.
- Vaguidade intencional. Afirmacións deliberadamente vagas de tal forma que a audiencia pode interpretalas libremente. A intención é mobilizar a audiencia polo uso de frases indefinidas, sen que se analice a súa validade ou determine sua razoabilidade ou aplicación. “Os portugueses do Norte séntense galegos”, “Os galegos aquén o Douro”, “Confundes portugués con sotaque lisboeta”, etc.
Artigo gardado en: lingua, reintegratas



18 comentarios Deixa o teu comentario
1. lurinha | 24/Agosto/2008 at 1:13
Quedou-che a cabecinha aliviada, não é ?
Pois a todo esso das-lhe a volta, revira-lp cara ti, coma se dum espelho se tratar, e hás ter o teu retrato, ajustando os detalhes anedóticos- nomes de popes, ubicações geográficas, etc.-
Chama-se projecção e é muito conhecida em psicologia.
Consiste em projectar nos demais as próprias limitações para nos sentir melhor não tendo que nos enfrentar a elas. Cargo-as no lombo do outro, e eu dou creto à minha própria ilusão de ficar na perfeição e no caminho verdadeiro. Algo que vem de mui velho na espécie humana e que se aplica a quaisquer categoría de limitações.
Ademais, tés de lhe engadir umha característica própria que não contemplas no teu listado mas, que no caso dos galinholes, é mui notoria:
O dissimulo e a falsedade das asseverações concretas de:
I.- Defendo o galego.
II- Exerzo de galegofalante comprometido coa minha língua.
2. alema | 24/Agosto/2008 at 1:20
#1 nesa mensaxe túa xa hai tres técnicas de propaganda:

1) Transferencia: o que dis sobre as limitacións
2) Slogan: “galinholes”
3) Falacia do branco/negro. Os que non somos reintegratas, segundo ti, non defendemos o galego nin exercemos de galegofalantes comprometidos coa lingua. Ou comigo ou contra min
3. Nemigo | 24/Agosto/2008 at 2:06
penso que a palabra “chibo” non existe en galego. Non sei en reintegrata
4. lurinha | 24/Agosto/2008 at 11:25
Podia retrucar aos seus argumentos, mas três contra vinte e três, não me parece mal, vindo do mesmo/a interessado/a.
5. lurinha | 24/Agosto/2008 at 11:28
Chibo é um cabrito pequeno.
6. castelhano | 24/Agosto/2008 at 14:27
?!?!?!?!?!?!?!?!?!??!?!?!?!?!?!?!??!?!?!?!?!?!??!
Alema, usted va de mal em pior, eh! Desculpe mas aum que tenté ler el suo artigo, no pude … es “demasiado”
Semeja mismo um pamfleto de Fuerza Nueva o de Galicia bislingue …
Usted se da de cuenta el flaco favor que le está a hacer al Gallego (oficial)? O es que es usted um integracionista travestido?
Por que no hace um poster, para resumir, com el título:
NO SEA BARBARO. HABLE GALLEGO COMO DIOS MANDA, NO VAYA A SEMEJAR PORTUGUES.
7. castelhano | 24/Agosto/2008 at 14:32
Em la madre de todas la batalhas por la lengua galhega, como están las fuerças?
Por um lado los reintegracionistas, com Carvalho Calero, AGAL, bla, bla bla …
Por los oficialistas la RAG, ILG, Ferrin, bla, bla, bla …
Y ahora, el factor sorpresa: Alema! Alema! Alema! Alema!
Alho que su contribuciom para el resultado de esta épica batalha es, en términos percentuales, del 0,000000000001% … em favor de los reintegracionistas
8. castelhano | 24/Agosto/2008 at 14:35
Alema, si usted tuvier um chefe em este mester del blog, le diria: Alema, o mejora la qualidad de sus artículos o le encerramos el blog!
Yo me retiro, ya me lhegó de perder el tiempo em estas lerias
9. alema | 24/Agosto/2008 at 17:10
#6
é que me parece moi bo..
teño que recoñecer que é moi bo co dos slógans. dáme permiso para usar o de “NON SEXA BARBARO. FALE GALEGO COMO DEUS MANDA, NON VAIA PARECER PORTUGUES”?
de todos os xeitos, non ten vostede por que chatearse (enfadarse) e, sobre todo, non comparar isto nin con fuerza nueva nin con galicia bilingüe…
non ve que así aplica a técnica propagandística da falacia do branco/negro e/ou a transferencia?
aprenda a admitir a crítica, igual que vostede critica os demais
10. jaime | 24/Agosto/2008 at 17:51
#8 castellano, acaso habla usted en castellano antiguo medieval?
11. alema | 24/Agosto/2008 at 18:48
#10 non, jaime… castelhano fala unha trapallada inventada por el para darme a min nos fociños… pero vaia…
12. lurinha | 24/Agosto/2008 at 20:12
Repito o que ja disse de que não trato muito com gente que milite no reintegracionismo nem no isolacionismo. Mas, essa imagem de cavernícolas intratáveis que das dos reintegracionistas, não me quadra, por exemplo, com a do Elias que mentarom aquí um dia e eu conheci há anos por mor das atividades dos meus filhos.
Para nada me semelhava umha pessoa cavernícola ou partidária do branco/preto.
No meu caso, tenho um blogue em galego RAG, porque era a bitácora dumha atividade dumha asociação que me pediu o fazer. O ano passado foi ao meu jeito, mas, este ano, eles votaram e por maioria decidiram que assim for.
Eu expliquei as razões na presentação e escrevi o tal blogue como eles decidiram na votação.
Não tenho nada de intolerante. Esso sim. Mália o fazer no galinhol, não tivo mais sucesso que o do ano passado. Mais ou menos o mesmo número de pessoas de todas as procedências entraram nos dous.
Assim que, neste caso, a festa primava por sobre a norma linguística.
Nunca o faria para me expressar eu mesma, mas por colaborar com meus vizinhos e respeitar su ritmo de concienciación.
Seria quem de o fazer você, senhor Alema?
De abrir um blogue em galego reintegracionista por ajudar e respeitar a vontade da assembleia ainda que não for a que você acredita como válida?
Não sei com que caste de gente trata você, mas de tolerante e amplo de miras, tem bem pouco.
13. alema | 24/Agosto/2008 at 20:38
#12 lurinha… encántame que me fagas esa pregunta…! eu xa fixen cousas en reintegrata a pesar de non ser reintegrata (algunha das parodias deste blog por exemplo). escribo sobre o Estraviz, sobre a AGAL, sobre os reintegratas (acudindo ás súas fontes)… paréceche iso pouco reintegrata?
co meu artigo de hoxe non pretendo dicir que todos os reintegratas actúen propagandisticamente e do mesmo xeito. nin moito menos!
simplemente constato que existe esa maneira persuasiva de comunicar por parte de moitos activistas dese movemento en xeral.
abofé que non todos son uns intolerantes…! e dou fe por moita da xente que se deixa caer por aquí!
14. lurinha | 24/Agosto/2008 at 22:11
Disculpe, mas este não é um blogue em galego reintegracionista.
Este é um exemplo claro de militáncia isolacionista galinhola e anti-reintegração.
Não pretenda você que comungue com rodas de muinho, porque não cola.
Porém pode ser que seja você o alter-ego de algum reintegrador tentando provocar o debate.
De não ser assim, você é um militante isolino que dissimula a sua intolerância e pre-juizos choscando o olho com falsa complicidade.
15. alema | 24/Agosto/2008 at 22:20
o de militancia galinhola recórdame ás galiñas
non o podo evitar.
…e si, mólame o debate, pero non me chame intolerante
16. castelhano | 25/Agosto/2008 at 13:29
9#
chatear-me yo com usted, Alema? Y luego por que? Há cosas mucho mas incoerentes por las que chatear-se, como abusos humanos, del medio ambiente, etc, etc …
Es usted el que se chatea por que yo le digo uma verdad que le duele: que sus argumentos no há por donde agarrar-los, som moi povres, recuerdam-me al Berlusconi, por vezes …
Quier dos consejos?
1) Este último articulo es demasiado cumplido. No por meter marcadores i tintas rojas por aí va a ser lido. Quantas personas lo haveram lido? Temo que 0. Se lo tuviera hecho um tercio o um quarto mas breve, igual …
2) Para el eslogam está biem, mas deje “dios”, no lo trueque por “deus”, o sus argumentos para oficializar “bueno” perderam fuerça.
17. castelhano | 25/Agosto/2008 at 13:29
10 & 11#
Desculpem alhá, caros, mas yo hablo castelhano de Castilha, de cristiano viejo, o es que aum no se dierom de cuenta …
18. Gerardinho2000 | 25/Agosto/2008 at 19:09
Cheguei agora das férias e passei de ler tanto comentário. Mas… eu diria que esses argumentos e tácticas que indica o Alema só servem ao reintegracionista radical… e, pois que os extremos se tocam, cuido que são perfeitamente extrapoláveis à maior parte do oficialismo (isolacionismo).
Prova disto é que os ataques “ad hominem”, uso de eslogans, etc., são de uso habitual para criticar ou repudiar o reintegracionismo.
E posto que eu não estou em nenhuma guerra (e se a estou, sei que o inimigo é outro), não vou entrar na polémica fácil. Na minha opinião, a única via válida para o galego é a reintegracionista. Depois, se alguém quer perpetuar o status quo do galego como «lingua de seu», codificado por instituições que dependem do poder político e económico espanhol (como a RAG e o ILG), caminho com 30 anos de fracassos, pois é cousa sua.
O que sim digo é que para criticar algo cumpre conhecê-lo. Critico o isolacionismo porque antes de reintegrata fui isolacionista e vi as incoerências dessa proposta e o seu fracasso crónico. Porém, não falta quem faça todo o contrrário e critique o reintegracionismo sem conhecer realmente a(s) proposta(s) reintegracionista(s). Acho que isto realmente é atrevido e preocupante.
Saúde, e que a floresta não nos impeça de ver o bosque.
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS