A norma RAG, máis lusista ca o Estraviz cos demostrativos neutros… manda carallo!

23/Agosto/2008

A última reforma da RAG inclúe a supresión das formas do demostrativo neutro “esto”, “eso” e “aquelo”. Anteriormente dábaas por correctas, xunto con “isto”, “iso” e “aquilo”, pero desde hai 5 anos só admite as formas con “i”. En portugués non existe tampouco “esto” e “eso”,… pero agárrense: esas dúas formas si que aparecen no Estraviz, a biblia dos reintegratas.

Podemos concluír, pois, que as normas da RAG nese aspecto son máis lusistas ca as da AGAL. Chama a atención que no Estraviz aparezan como correctas as formas “esto” e “eso” pero non “aquelo” (outra incoherencia máis, pero vaia…). “Esto” e “eso” non é castrapo, logo? Señores da AGAL, vai sendo hora de que actualicen o seu magnífico dicionario… :D

Artigo gardado en: lingua, reintegratas

9 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. castelhano  |  23/Agosto/2008 at 1:15

    ooooooooohhh!
    De verdad?!
    Alema, usted está a hacer umas descubiertas i pesquisas extraordinárias!

    Continue, continue, su blog es cada vez mas interessante!

  • 2. lurinha  |  23/Agosto/2008 at 1:49

    O senhor Estraviz tem o milhor e mais auténtico dicionário galego de quantos há.
    Esso demostra duas cousas:
    I- O galego reintegracionista é galego auténtico: Nem galinhol nem português de Lisboa.
    II- O senhor alema não é galegofalante. É só um galego castelão-falante que pretende ser reintegracionista, mas não no sistema galego e co-dialectos do sistema ao que este pertence, mas do espanhol. Cousa cara a que caminha a alancadas como as do Polegarinho com as botas das sete léguas que lhe roubara ao o ogro.

  • 3. one2  |  23/Agosto/2008 at 3:43

    o alema quer eliminar as variantes dialetais todas…

    Isto pron. dem. m. [...] Var. Esto

    Este1 adj. e pron. dem. m. [...] Var. Iste [lat. iste].

  • 4. alema  |  23/Agosto/2008 at 9:54

    #3 e por que non “aquelo”?

    #2 e dálle con que non son galegofalante… por moito repetir mentiras non van ser máis certas…

  • 5. one2  |  23/Agosto/2008 at 14:58

    #4 Ainda que nom aparece «aquelo» como entrada independente si que aparece em «aquilo».

  • 6. alema  |  23/Agosto/2008 at 17:14

    non respondes, de todos os xeitos a miña pregunta:
    “esto, eso e aquelo” son castrapo ou non son castrapo? :D

  • 7. one2  |  23/Agosto/2008 at 22:12

    tendo em conta que aparecem no estraviz (e que eu nom som filólogo) entendo que nom, que som variantes dialetais.

    Por outra banda gostava de saber cal é o motivo da RAG de eliminar na versom XP 2003 esto, eso e aquelo; e por que nom o fijo antes…

    A propósito, cousas similares a estas som as que criticava eu do reintegracionismo antes de me fazer reintegrata, que o saibas XD

  • 8. moraima  |  24/Agosto/2008 at 16:20

    Estraviz, que grande persoa e que gran mestre, e que respectuoso é cos que non somos reintegratas :)

  • 9. lurinha  |  25/Agosto/2008 at 14:41

    A gente com categoria humana, adoita respeitar aos demais, sem pre-juizos. Só por serem humanos, sabe que são seus iguais. São pessoas evoluidas. Por desgraça, a humanidade não tem acadado em todos e cada um dos seus membros o mesmo grão de evolução.

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 23:36

alema: felizmente xa se solucionaron grazas á inestimable axuda do berto :D que é deus :D

alema: HAI PROBLEMAS DE ACCESO A ALEMA.ORG. DESCULPADE AS MOLESTIAS

alema: mario: deixeiche un recado no post do 2 de xaneiro ;-)

mario: Obrigado!! []s

alema: a min gústame moito o libro dedicado á fonética de freixeiro mato... é un dos meus libros de cabeceira :D

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta