Arquivo de 22 Agosto 2008

Desfasamentos culinarios: ‘desjejuar’

Coas cousas de comer non se xoga. Teño eu un amigo en Portugal que agarra cada cabreo cando lle fan ruído as tripas pola fame, que me fixo non esquecer xamais as comidas de alá abaixo, de tan diferente denominación aquí e alí. Tanto que ata ao dicionario Estraviz, tan reintegrata el, non lle queda outra que admitir que temos un claro desfasamento culinario… e moi difícil de arranxar por certo!

Imos ver. As tres principais comidas que facemos aquí teñen nomes asumidos por todos (reintegratas e non reintegratas): almorzo, xantar e cea segundo a RAG e almorço, jantar e ceia segundo a AGAL. A cousa cambia radicalmente cando falamos en portugués, onde as tres principais comidas da xornada son o pequeno-almoço (sen r e equivalente ao noso almorzo), o almoço (sen r tamén e equivalente ao xantar) e o jantar (equivalente á nosa cea). Para eles, a ceia é unha comida que se toma xusto antes de ir para a cama (unha cea bis, vaia).

Así que, nada… Galegos e portugueses volvemos estar en desacordo á hora de designar o máis básico. A quen lle botamos a culpa? Á colonización española?

Chámame moito a atención o feito de que a AGAL optase pola forma almorço (con r), o cal para min constitúe unha verdadeira incoherencia (se se trata de reintegrarse co portugués, por quen non recomendan almoço, sen r?). E tamén por coherencia, por que non lles recomendan aos seus usuarios adaptarse ao sistema pequeno almoço-almoço-jantar portugués? Máis ben parece reintegración a medias…

Logo tamén hai outra cousa curiosa… En portugués como sinónimo de pequeno-almoço (un calco do francés petit déjeuner) teñen a opción de dicir desjejua, dejejua, dejua, desjejum e dejejum (un trabalinguas pouco habitual na fala coloquial)… A min esa palabra sóame un pouco a tradución literal do castelán desayuno e oh! sorpresa, o Estraviz tamén contempla dejejum e desjejum (que á galega debe pronunciarse así como dexexún), algo que a min si que me parece unha copia mal feita do español internacional de España. Pola contra, a RAG non admite nada parecido a esas fórmulas. Ou sexa, que un reintegrata pode desjejuar… pero digo eu… haberá alguén en Galicia que desjejue? A Pantoja vai ter razón: “La jota hace daño”.

6 comments Agosto 22nd, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta