Ferramentas para deixares flipados os teus colegas lusófilos

21/Agosto/2008

Ola, amiguiños. Hoxe tráiovos algunhas ferramentas que hai pola rede para flipar co lusismo! Son válidas tanto para portugueses de verdade como para os que pretenden selo (é broma!). Veña… agora en serio: estas utilidades vanche permitir facer uns textos reintegratas divinos-de-la-muerte wherever you are.

Amigo reintegrata viaxeiro. Imaxina por uns instantes que estás de viaxe en Suecia e entras nun ciber… “Onde estarán os caracteres que tanto necesito? Agora xa non podo escribir con acentos circunflexos nin con cedilhas nin nada de nada…!”, chegarás a lamentar. Non te preocupes. Aquí tes unha páxina que che permite escribir os teus caracteres favoritos sen necesidade de andar cambiando de teclado. Chámase typeit.org e permite non só darlle ao portugués, senón tamén a outras linguas. Os que usamos o galego “normal” temos que recorrer ao español, aínda que ten unha carencia importante: non ten a letra ï con diérese. Escribireille ao autor do invento para queixarme e para pedirlle que poña “Galician” entre as opcións.

Pero aquí non queda a cousa: encontrei tamén unha páxina para que os lusófonos se sintan na súa casa. Chámase Gate2home.com, e non só che permite escribir en portugués e/ou reintegrata textos, senón tamén buscar na wikipedia portuguesa, escribir un e-mail en portugués, buscar no google portugués e ata facer traducións portugués-inglés. Que máis se pode pedir!? Tamén haberá que mandarlles unha cartiña a estes para que poñan tamén a opción de galego. :-P

Artigo gardado en: portugal, reintegratas

4 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. llik  |  21/Agosto/2008 at 0:05

    Eu no teclado anglosaxón fágome un lío…e confundome ata para poñe-la arroba.
    De todolos xeitos, noraboa polos teus achádegos webeiros :P

  • 2. one2  |  21/Agosto/2008 at 15:23

    curioso que em português nom apareçam as aspas latinas mentres que si em castelão, francês, italiano e mesmo alemám.

    Em calquer caso falta-me o ũ :-D

  • 3. alema  |  21/Agosto/2008 at 17:58

    é verdade… xa nos dirás como carallo escribes ese ũ ! :D

  • 4. one2  |  21/Agosto/2008 at 19:56

    desde linux é todo máis fácil :-D em windows havia algum jeito pra que o figesse automaticamente ainda que era algo complicado… Porém, sempre se pode empregar alt+361.

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 23:36

alema: felizmente xa se solucionaron grazas á inestimable axuda do berto :D que é deus :D

alema: HAI PROBLEMAS DE ACCESO A ALEMA.ORG. DESCULPADE AS MOLESTIAS

alema: mario: deixeiche un recado no post do 2 de xaneiro ;-)

mario: Obrigado!! []s

alema: a min gústame moito o libro dedicado á fonética de freixeiro mato... é un dos meus libros de cabeceira :D

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta