Ferramentas para deixares flipados os teus colegas lusófilos
Ola, amiguiños. Hoxe tráiovos algunhas ferramentas que hai pola rede para flipar co lusismo! Son válidas tanto para portugueses de verdade como para os que pretenden selo (é broma!). Veña… agora en serio: estas utilidades vanche permitir facer uns textos reintegratas divinos-de-la-muerte wherever you are.
Amigo reintegrata viaxeiro. Imaxina por uns instantes que estás de viaxe en Suecia e entras nun ciber… “Onde estarán os caracteres que tanto necesito? Agora xa non podo escribir con acentos circunflexos nin con cedilhas nin nada de nada…!”, chegarás a lamentar. Non te preocupes. Aquí tes unha páxina que che permite escribir os teus caracteres favoritos sen necesidade de andar cambiando de teclado. Chámase typeit.org e permite non só darlle ao portugués, senón tamén a outras linguas. Os que usamos o galego “normal” temos que recorrer ao español, aínda que ten unha carencia importante: non ten a letra ï con diérese. Escribireille ao autor do invento para queixarme e para pedirlle que poña “Galician” entre as opcións.
Pero aquí non queda a cousa: encontrei tamén unha páxina para que os lusófonos se sintan na súa casa. Chámase Gate2home.com, e non só che permite escribir en portugués e/ou reintegrata textos, senón tamén buscar na wikipedia portuguesa, escribir un e-mail en portugués, buscar no google portugués e ata facer traducións portugués-inglés. Que máis se pode pedir!? Tamén haberá que mandarlles unha cartiña a estes para que poñan tamén a opción de galego. ![]()
4 comments Agosto 21st, 2008

