Arquivo de 17 Agosto 2008

Dúas grandes materias pendentes na educación: o portugués e o galego oral

Xa sabedes que non son reintegracionista pero estou de acordo con eles nunha cousa: é absolutamente vergonzoso o espazo que ocupa a lingua portuguesa na educación en Galicia. Non é normal que outras comunidades, como a Estremadura española, lle dediquen máis esforzos ao achegamento á lingua portuguesa ca nós, sendo como somos fillos dunha mesma nai (lingüística). Con todo, hai outra materia que queda pendente e que se deberá resolver con urxencia: a esixencia de que os rapaces saian da ESO sabendo falar con fluidez o idioma o galego, non só memorizando unha serie de regras gramaticais que esquecen aos dous días.

A falta de destrezas en galego oral chega por veces a ser alarmante nos núcleos urbanos, con rapaces que falan sen colocar un pronome con xeito, sen pronunciar ben os fonemas propios do galego, sen distinguir entre vogais abertas e pechadas,… As patadas á lingua son tan fortes entre algúns mozos que conviría preguntarse que criterios tivo o profesorado para darlles o aprobado.

Falta esixencia co galego oral, ao meu entender. Se a administración non obriga os profesores a avaliar en serio a lingua falada dos rapaces, simplemente imos aviados. Porque o galego corre o risco de converterse nunha lingua estranxeira dentro da súa propia terra. É dicir, cada vez son máis os mozos que aprenden o galego coma o inglés ou o francés… e iso non se debería de permitir baixo ningún concepto.

Do mesmo xeito que tampouco é aceptable o pouco portugués que se ensina en Galicia. É unha auténtica aberración, ao meu entender. Como é posible que Estremadura sexa a comunidade que concentra o 70% dos estudantes de portugués en España? Esa porcentaxe debería ostentala Galicia e non Estremadura.

No noso país, igual que alá, o portugués dáse como lingua estranxeira, cando a ninguén se lle escapa que aquí é algo máis ca unha lingua estranxeira. E iso por non falarmos do grao de implicación do goberno estremeño, que se traduciu nunha chea de iniciativas (axudas, cursos, materiais didácticos,…).

Bueno, sexa como for, o que está claro é que os rapaces non poden terminar os seus estudos obrigatorios sen coñecer polo menos as cousas máis básicas do que se fala alén do Miño (e máis alá).

Non sei ben cal sería a fórmula correcta para solucionar este déficit de portugués nas escolas, pero se cadra poderían incluírse as ensinanzas de portugués dentro da materia de lingua galega (para mostrar o que pervive da nosa orixe común e o que nos distingue na actualidade), aínda que tampouco sería descartable crear unha materia obrigatoria de portugués… por que non? Non o sei. O que si que sei é que, tal e como están as cousas agora mesmo, estamos nunha situación intolerable.

Como intolerable me parece tamén que algúns profesores de galego lles ensinen aos cativos normativas do galego distintas á da ILG-RAG. Sinceramente, creo que non lles achega nada aos rapaces salvo confusión. É máis: tamén opino que esas actitudes mesmo deberían de ser sancionadas. Galicia necesita máis portugués, estamos de acordo, pero non por esa vía.

16 comments Agosto 17th, 2008


AVISOS


Aínda non asinaches no manifesto a favor de 'bueno'?

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 22:59

alema: non che abre en quin.tv? http://quin.tv/video/117-o-reintegracionismo

llik: Meu Deus! acábome de decatar de que eu só pido cousas neste blogue haha

llik: Eu sigo a non poder ver o video de Quin... poderias colgalo no Youtube xD

one2: acabo de ver o vídeo a quin :lol: conta coa resposta politicamente correta :-D

alema: :D :D para que escribirán a trapallada esa?

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta