Arquivo de 16 Agosto 2008

Fricadas islandesas: as misses

Estou namorado platonicamente de Islandia. É un país que me fascina. Non o visitei nunca pero debe ser flipante, con tanta marabilla natural, con invernos durísimos e escuros e veráns con luz do día a esgalla. Un país cun idioma único no mundo, que se protexeu das invasións externas freando o mínimo intento de introducir estranxeirismos na lingua.

Pero o que máis me chama a atención de Islandia é unha cousa: os seus arredor de 300.000 habitantes, practicamente a mesma poboación ca a que ten Vigo. Si, porque me obrigan a facerme sempre a mesma pregunta. E sendo tan pouquiños, como arranxarán para facer tal ou cal cousa?

Por exemplo, sendo como son en Reykjavík 200.000 e estando espallados o resto pola illa, como carallo organizarán os seus concursos de misses ou místers? Porque, imos ver… Haberá tantas candidatas ou candidatos de abondo entre 300.000 habitantes? Non chegará un momento en que se repitan?

Ávido de curiosidade, acudo a youtube e encontro este documento único. A elección de Miss Islandia 2006. Enriba do palco, tres candidatas… E penso… que triste! O caso é que a gañadora nin se decata da súa vitoria… e con inusitada frialdade do norte festexa que a acaban de nomear a máis ghuapa da illa.

Sigo buscando en youtube e encontro outra marabilla… E penso… claro que hai candidatas! Ata se organizan certames para decidir misses segundo as partes do país, igual que aquí se fai por provincias ou comunidades autónomas. Velaquí un vídeo onde as candidatas da zona norte se presentan e fan unhas cantas pamemadas (igualiño que aquí, en bikini, pero por veces tamén con roupa máis axeitada para combater o frío).

A miña curiosidade non cesa… O das misses en Islandia non é para tomalo a coña… porque de feito, segundo me informa a wikipedia, conseguiron o título de Miss Mundo en tres ocasións, a última delas hai só tres anos cunha morena chamada Unnur Birna Vilhjálmsdóttir. A pobriña, por certo, levou unha boa hostia nos preliminares do concurso, tal e como se mostra ao final deste vídeo.

Logo, acudindo á páxina web de Miss Iceland (”Ungfrú Ísland“, xa vos dixen que o islandés non admite facilmente neoloxismos como “miss”), descubro que este ano se presentaron ata 21 rapaciñas distintas… Pero é que nas roldas preliminares participaron arredor de 40!

E tendo en conta que non sería normal que as candidatas repetisen dun ano a outro e que é un concurso que se celebra todos os anos… Que probabilidade hai de que unha muller islandesa se presentase a un concurso de misses? Debe de ser altísima, igual que a probabilidade que ten unha moza de presentarse a Miss Islandia e gañar o concurso! E dado que están tan escasos de poboación, as misses por forza teñen que estar “fichadas” pola veciñanza, figho!

E que ninguén tome isto como algo machista… porque igual que se fala de misses pode falarse de misters, aínda que por moito que busco no google non encontro nada. Bueno, que máis dá. Isto non deixa de ser unha fricada. E como tal debe tomarse. Que carallo!

7 comments Agosto 16th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta