Arquivo de 15 Agosto 2008

O galego non é unha lingua europea “de categoría” para a BBC

A BBC dispón dunha páxina web onde lles mostra aos internautas datos esenciais das linguas faladas en Europa pero o galego non aparece por ningures. Está o castelán, está o catalán, está o euskera (basque) pero… esqueceron o galego, a pesar de ter máis falantes ca o propio éuscaro, o maltés ou o islandés, tamén presentes na lista. O galego non existe, non é lingua europea para a televisión pública británica… Indignante :(

E non se trata de que a BBC sexa reintegrata, porque afortunadamente distingue entre idioma galego e portugués noutra páxina dedicada á árbore xenealóxica das linguas… só que non lle debe de dar ao galego a “categoría” suficiente como para dedicarlle o máis mínimo esforzo.

E tampouco lles supoñía un traballo moi complicado porque cada lingua das que presenta esa páxina só ten unha pequena descrición e unha lista de frases básicas “si”, “non”, “grazas”, “como te chamas?” ou “onde está o cuarto de baño?” coa súa pronuncia. Conclusión: BBC is not Galician friendy.

Bueno, sexa como for, acabo de escribirlles unha carta de queixa. A ver se responden.

I decided to write you because I found highly disappointing that your page about European languages doesn’t include Galician, a language spoken by more than two million people in Galicia, in the north-west corner of Spain.

Remember that Galician is one of the four official languages in Spain, as Spanish, Catalan and Basque, and deserves in my opinion the same space in your web.

You can find more information in English about Galician language here:
http://www.consellodacultura.org/arquivos/cdsg/loia/ficha.php?idioma=2&seccion=5

I am sure that Galician institutions, like the Galician Culture Council, will provide you the same audio samples that you offer for the other languages, and even more information about how to learn it!

Regards,
alema

35 comments Agosto 15th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta