Arquivo de 12 Agosto 2008

O teclado portugués é un coñazo (uma chatice) mesmo para escribir en português

De todos é sabido o “activos” que son os reintegratas na rede. Páxinas web, foros, blogs, comentarios,… Non hai un recuncho galegofalante en internet onde non apareza un ç, un m final ou un til nasalidade que nos indica a presenza dun amante do reintegracionismo. Como xa quedou de manifesto en días pasados, os reintegratas empregan o portugués (que algúns chaman “galego de Portugal”) para todo na súa vida cotiá: no computador, no móbil, nas instrucións dos aparellos… Pois ben, o último paso para ser un bo reintegrata é facerse cun teclado en portugués co que poder expresarse máis a gusto na rede… Pero ollo! O teclado portugués pode supoñer un atranco serio máis ca unha vantaxe.

Fixádevos. Isto que vedes na foto de abaixo é un teclado en portugués (de Portugal).

Como vedes, a quen o inventou ben lle debeu quedar a cabeza descansada pola localización dos acentos, tan usados en portugués e en reintegrata: a dúas teclas nada menos ca o “P” e o “Ç” (o lugar onde está o “Ñ” no teclado español).

Isto supón un sobreesforzo importante para os dedos maimiños dereitos, que teñen que desprazarse máis da conta para escribir unha letra cun acento gráfico. As posibilidades de enganarse escribindo acentos son maiores nun teclado portugués ca nun teclado español. Ademais, para que carallo puxeron os símbolos * + º e ª, moito menos utilizados, antes ca os acentos? Non ten lóxica ningunha.

Por sorte, o teclado brasileiro está moitísimo mellor pensado, pero moito máis… Nel os acentos están mellor colocados… á beiriña mesmo do “P” e do “Ç” (como ten que ser!). Por contra, a distribución das comas, puntos, punto e coma, guións, etc. na parte de abaixo parece un pouco máis complicada de asimilar para nós.

E pregunto… chegará tamén a haber “Acordo Mecanográfico” igual que está xestándose o chamado “Acordo Ortográfico” para unificar a escrita do portugués? Espero que, se o hai, triunfe o teclado brasileiro.

—————————————————————

Chst! Sorte que temos os que escribimos en galego no teclado “español” (que non sei por que non lle chamo directamente “teclado galego”, a verdade, posto que recolle todas as letras que se empregan en galego oficial)… Nós non nos temos que andar partindo os cornos pensando se isto vai con acento circunflexo, con til de nasalidade… Para que? Á hora de teclear rápido, gañámoslle a calquera reintegrata. :-P :D V

20 comments Agosto 12th, 2008


AVISOS


Aínda non asinaches no manifesto a favor de 'bueno'?

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 22:59

alema: non che abre en quin.tv? http://quin.tv/video/117-o-reintegracionismo

llik: Meu Deus! acábome de decatar de que eu só pido cousas neste blogue haha

llik: Eu sigo a non poder ver o video de Quin... poderias colgalo no Youtube xD

one2: acabo de ver o vídeo a quin :lol: conta coa resposta politicamente correta :-D

alema: :D :D para que escribirán a trapallada esa?

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta