Arquivo de 9 Agosto 2008

Anos e penes… que carallo!

A ver… Que será máis enxebre? Dicir “pene” ou dicir “penis”? Falar do “ano” ou falar do “anus”? Obviamente, as primeiras opcións teñen que ser por forza máis patrimoniais ca as segundas… e polo tanto son as que deben ser empregadas, ao meu modesto entender. Porque iso de “penis” e “anus” non deixan de ser latinismos estúpidos que mostran o lado máis mexeriqueiro dalgunhas linguas. Imaxinan? “É que me saíron unhas almorrás no anus” ou “Doutor, creo que teño micropenis”. Ridículo.

Galego, castelán e italiano optan polas solucións máis patrimoniais, mentres que o portugués, o francés e o catalán escolleron os cultismos. E eu pregunto… Desde cando se utilizan latinismos para citar partes comúns do corpo? Como non vai evolucionar “penis” en “pene” e “anus” en “ano”? Como dirían en Portugal, não faz sentido. Ou é que entran en xogo factores externos que impediron nesas linguas a evolución “normal” desas palabras? Hai unha “man negra” institucional que freou o uso popular deses termos? Matinade niso.

Dúas cousas máis:

1) Na AGAL non deben de ter moi claro o asunto porque permiten “pénis” e “pene” no dicionario Estraviz (a Biblia dos reintegratas), e pola contra recolle “ânus” e non “ano”. E eu digo… por que nun caso se permiten as dúas solucións e no outro a versión portuguesa da palabra? Misterios reintegratas.

2) Afortunadamente para as mulleres, o clítoris dise igual nas principais linguas romances.

Son "penis" e "anus" unha petardada e o que mola é dicir "pene" e "ano"?

Loading ... Loading ...

13 comments Agosto 9th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta