Arquivo de 8 Agosto 2008

A nosa galeguidade impídenos captar a ‘coña’ da música pimba

Señoras e señores. Hai que aprender portugués. Aínda que sexa para coñecer máis de preto a música pimba, un xénero musical propio de Portugal e único no mundo. Aquí xa o catamos con Quim Barreiros e o seu arqui-famoso “Eu gosto de mamar nos peitos da cabritinha“… Pero aí non queda a cousa. O repertorio da música pimba inclúe unha chea de títulos cunha característica común: o afán por empregar referencias sexuais mesturadas na letra. O malo é que o noso galeguismo moitas veces non nos permite collerlles a graza á primeira :(.

O dos peitos da cabritinha máis ou menos todo o mundo o entende… pero que pasa co outro hit de Quim Barreiros, o titulado “O Ténis”?

Trascribo aquí a letra por se hai algo que non se percebe á primeira:

Alguém chamou, era a namorada
Telefonou-me, desesperada
Fui lá a casa, que confusão
Encontrei a minha fofinha
Com o sapato ténis na mão

Ela pediu-me, p’rá ajudar
Peguei no ténis, toca a enfiar
O ténis estava, duro p’ra calçar
Empurrei com tanta força que ela começou a gritar

Ai! Ai! mais devagar
Ai! Ai! p’ra não rasgar
Ai! Ai! não sejas bruto
O ténis está muito duro, mas está quase a entrar

E é curioso que unha palabra tan galego-portuguesa como é “tenis” (”zapatilla” ou “deportiva” por outros lares) non teña o mesmo matiz pícaro en galego e en portugués. Porque, señores, “ténis” suxírelle a un portugués o “pénis(o carallo, vaia…), cousa que non lle pasa a un galego. De todos os xeitos, teño que manifestar o meu convencemento de que o nosso Quim, natural de Vila Praia de Âncora, a ben poucos quilómetros da fronteira galega, en realidade emprega o “ténis” como metáfora de “vibrador com pilhas“, pero vaia…

Por que triunfaron os peitos da cabritinha e non os “ténis” de Quim ou outros hits do pimba a este lado da fronteira? Pois porque a lingua común que tivemos nun pasado evolucionou de tal forma, que as piadas, as coñas, as grazas das cancións pícaras aquí simplemente non chegan. Ou alguén dubida que se o “ténis” fose ben entendido non había arrasar tamén nas verbenas galegas?

De todos os xeitos, quixera aproveitar a ocasión que me brinda este recordatorio con morriña á música pimba para lembrar outros titulos que me chegaron fondamente. O que máis, sen dúbida, o “Bacalhau quer alho” de Saúl, unha canción que fai referencia aos órganos sexuais feminino e masculino nas palabras que conforman o título (”bacalhau“=”cona”; “quer alho -> queralho -> caralho -> carallo). O máis heavy é que o Saúl popularizou esta canción cando tiña só 9 anos! Agora canta nalgunhas vodas, como testemuña este vídeo.

Mágoa dun vídeoclip com jeito en youtube… todo o que hai é esta gravación dun dos asistentes ao casamento. É o bo que teñen os cantantes pimba. Que che son de andar por casa.

26 comments Agosto 8th, 2008


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 23:36

alema: felizmente xa se solucionaron grazas á inestimable axuda do berto :D que é deus :D

alema: HAI PROBLEMAS DE ACCESO A ALEMA.ORG. DESCULPADE AS MOLESTIAS

alema: mario: deixeiche un recado no post do 2 de xaneiro ;-)

mario: Obrigado!! []s

alema: a min gústame moito o libro dedicado á fonética de freixeiro mato... é un dos meus libros de cabeceira :D

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta