Arquivo de 6 Agosto 2008

O dicionario da RAE segue chamándonos parvos e o Priberam, ordinarios e de pouco valor

Vexo en Chuza! que hai xente moi cabreada porque o dicionario da Real Academia Española segue chamándonos “parvos”… bueno, máis ben o que fai a RAE é recoller un uso lamentable que se fai en Costa Rica da palabra “gallego”, pero vaia… O caso é que se organizou ata unha campaña de sinaturas.

O asunto paréceme moi ben… pero eu sigo esperando unha campaña similar para que o dicionario Priberam da lingua portuguesa elimine as definicións de “fraco”, “ordinario” e “de pouco valor” que lle atribúen ao adxectivo “galego”. Porque, a pesar de que aquí se denunciou hai tempo, que eu saiba ninguén protestou nin dixo nin mu.

E xa sei que a RAE é unha entidade pública, pagada cos cartos de todos, etc. etc. pero os insultos son os mesmos nun lado e no outro. Tamén os de Priberam, e se cadra doutros dicionarios, merecen unha cartiña de desagravio, non?

10 comments Agosto 6th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta