Existe un timbre de voz ‘typical Galician’?
28/Xullo/2008
A ver. Hoxe necesito da vosa axuda. Necesito saber o voso punto de vista. Vós credes que hai un timbre de voz tipicamente galego? Non me refiro a unha entoación ou a unha melodía á hora de pronunciar as frases. Refírome a un timbre de voz xenuíno galego para homes e para mulleres… E digo máis… De ser afirmativa a resposta… Está en perigo ese xeito de falar?
Ocorréuseme o outro día cando fun á aldea dunha amiga. Escoitei falar unha señora con voz super-aguda, case con voz “de pito“, poderiamos dicir… cun timbre de voz máis alto se cadra ca a media… e de súpeto empecei a recordar outras mulleres, xeralmente do medio rural, ás que eu escoitaba cando era pequeno. É ese un timbre “xenuíno” galego, por dicilo así?
En canto aos homes… Vós non notades unha tendencia dalgúns varóns galegofalantes de certa idade a falar cun timbre de voz similar ao de Tonecho (o dos Tonechos, claro)? Por que identificamos o timbre de voz rouco do actor Roberto Vilar (finxido para o personaxe) como algo tan próximo?
Por que non se escoitan tanto eses timbres de voz nas cidades? A xente que fala así foi “educada” polo seu contorno para elevar ou diminuír o timbre desa maneira? No caso de ser un modo de falar único, estarase perdendo igual ca outras tradicións galegas?
A min paréceme que si, que hai unha tendencia no medio rural a falar así por parte dalgunha xente, pero realmente non sei se obedece a un defecto á hora de falar, a unha tradición ou a que… pero o caso é que sei de varias persoas que se adecúan a este perfil de timbre de voz. Vós que pensades?
Artigo gardado en: lingua


11 comentarios Deixa o teu comentario
1. Andrés Milleiro | 28/Xullo/2008 at 1:01
Estou dacordo no das mulleres, lendo ao comezo eu pensei o mesmo, no dos homes…pode ser, pode ser
2. Gerardinho2000 | 28/Xullo/2008 at 12:18
Não existe um timbre de voz tipicamente galego. O timbre é uma característica das ondas sonoras intrínseca aos objectos que as produzem, e que vem determinada polas características acústicas destes (entre eles, a sua massa, forma, etc.).
É por esse motivo que o timbre de voz é uma característica individual que vem determinada polo nosso aparelho fonador e que faz com que a voz de cada pessoa seja única, pois não há duas pessoas com a mesma voz, já que não existem duas pessoas com idêntico aparelho fonador, idêntica estatura e peso (=idêntica masa) e multidão de outras circunstâncias que afectam definitivamente o timbre.
Descartada a existência de um timbre único galego (quer rouco/grave, quer mais agudo… como meu caso :)), por impossível, deverias reformular o artigo e ver se existe uma ENTOAÇÃO genuinamente galega… que a há, se bem tem as suas lógicas variantes diatópicas (variantes regionais, vamos), especialmente na zona nas Rias Baixas situada entre Ogrove e Bueu
3. alema | 28/Xullo/2008 at 13:32
#2 non, eu non falo de entoación… falo de timbres altos (mulleres) e roucos (homes) máis altos do normal… teño curiosidade por este tema porque non é a primeira vez que me pasa que vexo, por exemplo, unha muller con timbre de voz normal que o fai máis agudo, por exemplo, cando entra en conversa con outra… por outro lado, está o tema de Tonecho, que me trae de cabeza… porque toda parodia ten a súa orixe nunha realidade… é que ninguén fixo un estudo sobre isto???
4. Gerardinho2000 | 28/Xullo/2008 at 14:02
#3 Repito-che que isso não é um timbre, é um TOM
E sim, há quem o estudou, por exemplo Carme Hermida (do ILG).
5. alema | 28/Xullo/2008 at 14:05
#4 ok; tes razón… a pregunta é: “é tipicamente galego que as mulleres tendan a elevar o ton, e que os homes empreguen un ton rouco? ou todo isto é unha trapallada?
6. one2 | 28/Xullo/2008 at 16:23
algo disso hai, mais nem idèia de como vai a cousa…
7. alema | 28/Xullo/2008 at 16:24
#6 hai que investigar!
8. one2 | 28/Xullo/2008 at 17:11
#7 investiguemos logo! Gerardinho como vai a cousa? xD
9. Gerardinho2000 | 28/Xullo/2008 at 18:30
Segundo C. Hermida, estudos fonológicos demonstram que as mulheres tendem a utilizar um tom mais agudo e, no caso da fonologia da língua galega, também tendem a abrir mais as vogais (inclusive as fechadas).
Ora bem, uma tendência não faz regra, porque muitas mulheres (galegas ou não) têm a voz rouca e muitos homens têm-na aguda.
O dito, os exemplos que pões sobre o TOM e o género não passam da simples casualidade ou curiosidade.
O único que poderíamos certificar como “genuinamente galego”, insisto, é a entoação (e com uns quantos matizes polo meio), e até certo ponto também o tom. Mas desde logo sem qualquer atribiução de género
10. vllbs | 29/Xullo/2008 at 23:47
Eu tiña a mesma sensación cunha corresponsal local da TVG. O seu acento agudo semellábame típicamente galego e aldeá, mais en claras vías de extinción: soaba a algo vello, a algo que ouvía mais cando era neno, e, dito sexa de paso, tamén soaba mais pailán: de feito, quizás por iso, contrastaba grandemente co sotaque típico de Valladolid do resto de locutoras da galega. Sotaque, dito sea de paso, de uso ben común no resto das galegófonas…claro que eu non son o mais indicado pra botar iso en cara, e non o estou a facer.
PD. e agora volto ao meu agocho en Arroutadas, a ver se teño algo mais que decir por hoxe.
11. vllbs | 29/Xullo/2008 at 23:54
Estou a falar dos primeiros noventa…xa choveu. Pero ficou no meu recordo como exemplo paradigmático do sotaque galego mais natural e auténtico. E como xa choveu podemos inferir que está claramente en vías de extinción: onde estea o firme e sobrio acento de Castela-a-vella. En fin, o neolinguismo é o que ten.
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS