Existe un timbre de voz ‘typical Galician’?
A ver. Hoxe necesito da vosa axuda. Necesito saber o voso punto de vista. Vós credes que hai un timbre de voz tipicamente galego? Non me refiro a unha entoación ou a unha melodía á hora de pronunciar as frases. Refírome a un timbre de voz xenuíno galego para homes e para mulleres… E digo máis… De ser afirmativa a resposta… Está en perigo ese xeito de falar?
Ocorréuseme o outro día cando fun á aldea dunha amiga. Escoitei falar unha señora con voz super-aguda, case con voz “de pito“, poderiamos dicir… cun timbre de voz máis alto se cadra ca a media… e de súpeto empecei a recordar outras mulleres, xeralmente do medio rural, ás que eu escoitaba cando era pequeno. É ese un timbre “xenuíno” galego, por dicilo así?
En canto aos homes… Vós non notades unha tendencia dalgúns varóns galegofalantes de certa idade a falar cun timbre de voz similar ao de Tonecho (o dos Tonechos, claro)? Por que identificamos o timbre de voz rouco do actor Roberto Vilar (finxido para o personaxe) como algo tan próximo?
Por que non se escoitan tanto eses timbres de voz nas cidades? A xente que fala así foi “educada” polo seu contorno para elevar ou diminuír o timbre desa maneira? No caso de ser un modo de falar único, estarase perdendo igual ca outras tradicións galegas?
A min paréceme que si, que hai unha tendencia no medio rural a falar así por parte dalgunha xente, pero realmente non sei se obedece a un defecto á hora de falar, a unha tradición ou a que… pero o caso é que sei de varias persoas que se adecúan a este perfil de timbre de voz. Vós que pensades?
11 comments Xullo 28th, 2008


