Arquivo de 27 Xullo 2008

Chamarse Pedro Come Pirola ou María Cona Grande é posible en España

Sigo coa investigación iniciada onte [ver post anterior] animado polos bos resultados obtidos. Como xa vos contei, en España hai nove persoas co apelido Cona e outras tantas co apelido Pirola… Pero isto non é máis ca a punta do iceberg, como din os xornalistas… Cona e Pirola combinan con todo tipo de apelidos raros que dan lugar a nomes estrambóticos pero que poden ser perfectamente reais

O primeiro que fixen na segunda parte desta investigación foi buscar na páxina de frecuencias de apelidos do INE verbos que poidan funcionar con Pirola e Cona, e saen algúns moi interesantes
- Lambe (17 casos, sobre todo en Valencia)
- Lamba (16 casos, sobre todo en Castelló)
- Come (8 casos, sobre todo en Zaragoza)
- Coma (2.438 casos, sobre todo en Barcelona)
- Toca (1.234 casos, sobre todo en Cantabria)
- Toco (18 casos repartidos por toda España)
- Mete (40 casos, sobre todo en Madrid)
- Meta (26 casos, sobre todo en Madrid)
- Frega (22 casos, sobre todo en Madrid)
- Fode (!) (7 casos repartidos por toda España)

Conclusión: os seguintes nomes de persoa son factibles en España (vou poñer sempre Pedro e María como exemplos e en negra as combinacións máis rechamantes, se cadra):
- María Lambe Pirola; Pedro Lambe Pirola; María Lambe Cona; Pedro Lambe Cona
- María Lamba Pirola; Pedro Lamba Pirola; María Lamba Cona; Pedro Lamba Cona
- María Come Pirola; Pedro Come Pirola; María Come Cona; Pedro Come Cona
- María Coma Pirola; Pedro Coma Pirola; María Coma Cona; Pedro Coma Cona
- María Toca Pirola; Pedro Toca Pirola; María Toca Cona; Pedro Toca Cona
- María Toco Pirola; Pedro Toco Pirola; María Toco Cona; Pedro Toco Cona
- María Mete Pirola; Pedro Mete Pirola; María Mete Cona; Pedro Mete Cona
- María Meta Pirola; Pedro Meta Pirola; María Meta Cona; Pedro Meta Cona
- María Frega Pirola; Pedro Frega Pirola; María Frega Cona; Pedro Frega Cona
- María Fode Pirola; Pedro Fode Pirola; María Fode Pirola; Pedro Fode Cona

Pois isto non é nada… tamén é posible buscar apelidos que poden servir de adxectivos para Cona e Pirola… e estes son os máis alucinantes que encontrei….

- Grande (11.551 casos, sobre todo en Murcia)
- Branda (6 casos, sobre todo en Barcelona)
- Seca (40 casos, sobre todo en Asturias)
- Dura (4.060 casos, sobre todo en Valencia)
- Fina (137 casos, sobre todo en Barcelona)
- Fría (11 casos repartidos por toda España)
- Ancha (10 casos, sobre todo en Cáceres)

Aplicando as combinacións posibles saen como factibles os seguintes nomes
- María Cona Grande ou María Grande Cona; Pedro Pirola Grande ou Pedro Grande Pirola
- María Cona Branda ou María Branda Cona; Pedro Pirola Branda ou Pedro Branda Pirola
- María Cona Seca ou María Seca Cona; Pedro Pirola Seca ou Pedro Seca Pirola
- María Cona Dura ou María Dura Cona; Pedro Pirola Dura ou Pedro Dura Pirola
- María Cona Fina ou María Fina Cona; Pedro Pirola Fina ou Pedro Fina Pirola
- María Cona Fría ou María Fría Cona; Pedro Pirola Fría ou Pedro Fría Pirola
- María Cona Ancha ou María Ancha Cona; Pedro Pirola Ancha ou Pedro Ancha Pirola

Buscando, buscando… tamén é posible facer combinacións con Pis (156 casos, algúns deles en Galicia) e Amarelo (123 casos, sobre todo na Coruña), e crear por exemplo a combinación Pedro Pis Amarelo.

Como vedes, a ficción supera a realidade. Xa temos máis posibles nomes para a primeira película porno en galego! ;-)

6 comments Xullo 27th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta