Matrimonio perfecto: Pirola casa con Cona

26/Xullo/2008

Os portugueses non poden inscribirse nos seus rexistros civís con nomes galegos [ver post anterior] e iso é algo que me amola, pero como non vou estar de mala uva por iso e menos nesta fin de semana de ponte, hoxe vouvos contar unha historia curiosa, un traballo de investigación que deu un resultado sorprendente e inesperado

O outro día entrei por casualidade en dúas páxinas que falan sobre frecuencia de apelidos: unha de Galicia e outra de España. E o típico… cando empezas a cansar de ver cal é a incidencia do teu apelido ou de fulano e mengano, acabas facendo o parvo, coma cando estabas no colexio e mirabas a ver se aparecían “teta” e “puta” no dicionario.

Bueno, o caso é que probando, probando, escribo a palabra “Cona”… e zaca! NOVE resultados, dos cales 7 saían na provincia de Barcelona e outros 2 no resto de España… Sorprendente! Sigo buscando animado polo resultado e tecleo “Pirola” … e toma castaña! Outros NOVE resultados, a maioría en Madrid (6) pero había tamén outros tres no resto das provincias… Consulto na cartografía de apelidos galegos… e eses tres figuran na provincia de Ourense! Impresionante!

A miña curiosidade non ten límites, e acudo ás páxinas brancas (a guía telefónica de toda a vida) e escribo os apelidos mencionados en Madrid e Barcelona e encontro o que podería ser… o matrimonio perfecto! Un Pirola casado cunha Cona! Mulleres co apelido Cona só encontrei unha, e como non é cousa de discriminar por orientación sexual… tamén sería posible se cadra o matrimonio dun Pirola con outro Pirola ou cun Cona, ou ben dun Cona con outro Cona ou cun Pirola!

Quen dixo que o galego non está presente nos apelidos españois (y para bien)? :D E outra cousa… na primeira película porno galegofalante, esa que tanto necesitamos para normalizar plenamente o noso idioma, algún dos actores ou actrices (que sempre inventan o apelido) ben poderían inspirarse neste artigo e facerse chamar “Nacho Pirola” ou “Ámber Cona” :D

Artigo gardado en: humor

4 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. sen_nome  |  26/Xullo/2008 at 2:03

    xD xD Continúa investigando! Typical ‘Aqui hai tomate’

  • 2. verbadechumbo  |  26/Xullo/2008 at 3:03

    Marabillosa noticia. De seguro que o inglés e o galego darían combinacións apaixoantes.
    Felicidades polo post e o blog

  • 3. Gerardinho2000  |  26/Xullo/2008 at 15:48

    Reivindico, mais uma vez, ter sido a fonte de inspiração (involuntária) desta maravilhoso post :D

    A culpa tem-na o prestigioso editor de som estado-unidense Paul Pirola :-D

    NOTA: seguro que Cona e Pirola são apelidos galegos? Seguro???

  • 4. alema  |  26/Xullo/2008 at 23:20

    #3 gerardinho, desculpa que non te incluín no apartado de “agradecementos” :D tes toda a razón do mundo… coma sempre, graciñas!
    e non, eu non digo que sexan apelidos galegos… son apelidos que figuran así no Instituto Nacional de Estatística (Español)… descoñezo se son galegos; Cona pode parecer catalán pola súa frecuencia en cataluña e Pirola… nin idea de onde sae Pirola! :D

    #1 sen_nome: fíxenche caso, este domingo, máis datos reveladores! :D

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 23:36

alema: felizmente xa se solucionaron grazas á inestimable axuda do berto :D que é deus :D

alema: HAI PROBLEMAS DE ACCESO A ALEMA.ORG. DESCULPADE AS MOLESTIAS

alema: mario: deixeiche un recado no post do 2 de xaneiro ;-)

mario: Obrigado!! []s

alema: a min gústame moito o libro dedicado á fonética de freixeiro mato... é un dos meus libros de cabeceira :D

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta