Rexeitados: comeza a conta atrás para a grande exclusiva do 25 de xullo
Moitos van quedar coa boca aberta coa exclusiva do 25 de xullo. A não perder!
1 comment Xullo 23rd, 2008
Moitos van quedar coa boca aberta coa exclusiva do 25 de xullo. A não perder!
1 comment Xullo 23rd, 2008
Hoxe tiven unha boa lea con Nokia. ‘Nokia Care‘ (ha!) chámanlle ao seu servizo de atención ao cliente… Eu máis ben diría ‘Nokia doesn’t care’ porque non me dan ofrecido un móbil novo despois de que o que comprei tivese seis avarías, seis (coma os touros) en menos dun ano. En fin, tampouco vos vou amolar cos meus problemas persoais…
O caso é que eu son galegofalante para todo (na casa, na familia, cos meus alumnos…) excepto cando toca falar cos servizos de atención ao cliente destas grandes compañías nas que che contestan en español internacional de Madrid por non dicir en español internacional de América…
Sempre recorro á mesma estratexia. “Mire, estou falando con Galicia ou este servizo está fóra?”. Puro trámite porque salvo nunha ocasión, que me atendeu un galego que vive en Madrid, o resto das veces pasei ao español internacional de Galicia para evitar perdas de tempo, como fan seguramente a maioría dos galegofalantes, imaxino.
Chamádeme o que queirades pero cando teño un problema non quero engadir outro e, vaia, tampouco me custa tanto practicar un pouco o castelán internacional de Castela. O cal non quita, por suposto, que estea completamente a favor de que estas compañías se involucren e teñan unha atención ao cliente no meu idioma, que carallo! Mesmo por lei… por que non?
Bueno, o caso é que mentres soaba a musiquiña típica de “manténgase a la espera“, quedei matinando eu nunha cousa… Os meus amigos os reintegracionistas se cadra estarían conformes con que cada vez que se chame a Nokia (quen di Nokia, di outra gran compañía internacional) saia unha opción que diga “se quere ser atendido em português, marque três“ e que a chamada sexa transferida para podermos ser atendidos en portugués internacional de Portugal.
E pregúntome: Sería realmente viable en Galicia? Aceptaríao a xente como unha solución intermedia? Os galegofalantes non reintegratas protestarían como protestou un rapaz ao que por erro lle mandaron unha felicitación en portugués ou darían as grazas eternamente?
Por certo: teño que dicir que non hai nada máis fixe e sexy que as voces sintéticas que che poñen cando chamas aos servizos de atención ao cliente en Portugal. Cando din “aguarde”, dan ganiñas de agardar realmente!
Mimadriña, e isto é serio… Que bonito é o portugués, chico!
23 comments Xullo 23rd, 2008
: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'
: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD
: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!!
: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos!
Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]
: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.