O osiño gominola, outro motivo para (re)virar reintegrata
20/Xullo/2008
Con moito orgullo e pracer, teño a honra de mostrarvos a versión galega do coñecido tema “Gummy Bear Song”, que adaptei baixo o nome de “Osiño gominola”. Espero que vos guste.
ADVERTENCIA Youtube xa non permite que este vídeo estea incrustado en ningunha web, pero podes velo clicando aquí.
E moitos diredes que “gominola” é castrapo… pois tanto me dá. É unha palabra de uso corrente como “bueno”, interxección que por suposto non podía faltar na canción xunto cun recordo moi especial para os meus amigos reintegratas.
Por certo, tamén vos deixo aquí a versión en reintegrata da canción, inzada de estranxeirismos (gummy, funny, etc.) contra os que -seguro- ninguén protesta. Xulgade e comparade. Non dan ganiñas de deixar de ser reintegrata?
E unha vez vistas as dúas opcións (a galega-alema e a brasileiro-reintegrata)…
Graciñas a suevo pola inspiración.
Artigo gardado en: audiovisual, lingua, música, reintegratas



12 comentarios Deixa o teu comentario
1. suevo | 20/Xullo/2008 at 13:15
Coma sempre concordamos en temas lingüisticos alema, pero estache mais guapa a versión en “galego internacional”
2. alema | 20/Xullo/2008 at 20:07
na miña defensa hei de dicir varias cousas:
1- a versión galega está feita sen os medios, obviamente, da versión reintegrata (hai que darlle tamén un certo valor a iso, non?)
2- “galego internacional” é a miña versión, a outra é a versión en “portugués internacional do Brasil” (sexamos precisos)
3. virando ao lusismo | 20/Xullo/2008 at 21:48
a versión en castelán reintegrata tamén di “Yo Soy Tu Gummy Bear”, “Osito Gummy Gummy Gummy Bear”. E a castelán isolacioniasta “Yo soy tu gominola”
http://br.youtube.com/watch?v=Zx74j7sG06A
http://br.youtube.com/watch?v=w7w59Zp8bEM
Gominola, castelanización da palabra inglesa “gummy”, castelanización dun “estranxeirismo” porque non hai unha forma propia e que aínda non recolle a propia RAE. XD XD
Co “gummy” podes pasar dos Pirineos e co “gominola” non pasas do Miño, internacional Alema !! XD XD
4. ghanito | 20/Xullo/2008 at 22:26
A lei de Berto feita canción
5. alema | 20/Xullo/2008 at 22:35
#3 a ver… que teima é esa de medir as palabras en función do número de persoas que a empregan?… aquí do que se trataba era de que os galegofalantes soubesen de que lles estaba falando… se canto “gummy” dirán… e que carallo é “gummy”? a xente coñece a palabra “gominola” e non a palabra “gummy”… o meu propósito con esta canción era que a entendesen os de “aquém” do Minho non os de alén
que xa teñen a súa propia versión en portugués internacional do Brasil.
por certo, gominola non é unha palabra comercial? (pregunto)
6. alema | 20/Xullo/2008 at 23:13
e outra cousa: por que non falamos do nivel de comprensión (tan importante para unha lingua)?
- a miña versión enténdea un galego 100% (aínda que supoño que haberá moita xente que non cando falo de “reintegratas”)
- a versión brasileira ten un grao de comprensión inferior ao 50% para a meirande parte dos galegos
7. virando ao lusismo | 21/Xullo/2008 at 0:53
5. ou sexa, que hai galegos que por isolacionistas e por españois non saben que carallo é “gummy”. Pechados no estado, e outros abertos ao mundo lusófono e anglosaxón(coma os arxentinos e os brasileiros p.ex)
Gominola non é unha marca, é unha palabra inventada como Sangenjo. Gominola para que non soe a inglés, e Sangenjo para que non soe a galego.
6. triste, e relacionado co anterior, por estar pechados en España cústanos entender a falantes da mesma lingua, ou para ti dunha lingua xemelga cun pasado e orixe común. Igual de triste.
8. alema | 21/Xullo/2008 at 1:07
concordamos en algo: é triste que non nos entendamos… ves… algún punto en común temos
e outra cousa:
sabías que gominola é un ca-ta-la-nis-mo? pois si… é unha palabra inventada por unha empresa catalá, a que creou as gominolas a finais dos anos 60. esa palabra exportouse axiña para toda España e é así como a coñecen os galegos… que culpa temos diso?
no fondo todo é unha cuestión de prexuízos (coma sempre):
gominola (catalanismo) fronte a gummy (anglicismo pero que se usa en portugués).
conclusión: eu prefiro dicir “osiño gominola” porque sei que os receptores galegos van entender “oso” e “gominola” e non “urso” e “gummy” (entre dous estranxeirismos, francamente, prefiro quedar co que utiliza a xente).
iso non quere dicir que non debamos aprender a entender “ursinho gummy”; non é cuestión de pecharse tampouco
9. virando ao lusismo | 21/Xullo/2008 at 2:24
que a empresa fora catalá non implica que a palabra fose inventada sobre o catalán. E onde viches iso?
Buscando atopei isto
“La empresa, con sede en Pinto (Madrid), nació en el año 1968 cuando Isidro Pastor y Joaquín Andrés apuestan por la fabricación de los caramelos de goma con la marca gominola, que consigue un gran éxito en el mercado nacional.” http://www.elpais.com/articulo/economia/empresa/fabricante/gominolas/presenta/suspension/pagos/elpepieco/20070525elpepieco_6/Tes/
A empresa chámase “Pastor y Canals”, o Canals será o apelido do tal Joaquín Andrés pero non aparece no Google con ese apelido.
Pero, aínda que o Joaquín Andrés fora catalán, dubido moito que en 1968, e en Madrid inventaran unha palabra catalana.
O relevante da cancionciña é que se ollas no YouTube as distintas versións dobradas, en alemán, sueco, húngaro, checo, eslovaco…e até en castelán “reintegracionista”(para toda América menos para os isolacionistas españois) empregan o “gummy” aínda que o poidan escribir no seu idioma cambiándolle algunha letra.
Eu prefiro o lusismo ao isolacionismo españolista. Banda larga a banda ancha
o principio das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego no que se indica que “para o arrrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego”.http://www.canalciencia.com/faladoiro/numero_85.htm
10. moraima | 22/Xullo/2008 at 12:29
uis eu non coñecía a canción, nen a versión nen a parte contratante da segunda parte, bueno, gustoume.
11. muro | 24/Xullo/2008 at 13:08
Vamos ver umha cousinha. Esse galego nom pode estar mais castelhanizado. Nom o digo polas palavras “bueno” e “gominola”, senom porque soa literalmente a castelhano com palavras galegas. Tam difícil é perceber a diferença? Que o galego auténtico soa bem diferente do castelhano? Pensas que só se trata de usar esta palavrinha ou a outra?
12. Galicia Profunda » &hellip | 24/Xullo/2008 at 22:31
[...] Colgo este vídeo porque está moi simpático. O encargado de poñerlle a letra en galego é Alema. Se queredes saber algo máis sobre o tema, pasade polo seu blog. [...]
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS