O osiño gominola, outro motivo para (re)virar reintegrata
Con moito orgullo e pracer, teño a honra de mostrarvos a versión galega do coñecido tema “Gummy Bear Song”, que adaptei baixo o nome de “Osiño gominola”. Espero que vos guste.
ADVERTENCIA Youtube xa non permite que este vídeo estea incrustado en ningunha web, pero podes velo clicando aquí.
E moitos diredes que “gominola” é castrapo… pois tanto me dá. É unha palabra de uso corrente como “bueno”, interxección que por suposto non podía faltar na canción xunto cun recordo moi especial para os meus amigos reintegratas.
Por certo, tamén vos deixo aquí a versión en reintegrata da canción, inzada de estranxeirismos (gummy, funny, etc.) contra os que -seguro- ninguén protesta. Xulgade e comparade. Non dan ganiñas de deixar de ser reintegrata?
E unha vez vistas as dúas opcións (a galega-alema e a brasileiro-reintegrata)…
Graciñas a suevo pola inspiración.
12 comments Xullo 20th, 2008


