Arquivo de 16 Xullo 2008

Oh, my God! Ferrín escribiu “ecrán”

Poucas palabras como “ecrám” (coa súa variante “ecrã”) serven para simbolizar as disputas dos reintegracionistas co resto dos galegofalantes. E poucos escritores hai tan belixerantes co lusismo como Xosé Luís Méndez Ferrín. Pois agárrense ás gomas da roupa interior: Ferrín escribiu no Faro a palabra maldita: “ecrán”.

Foi nun artigo de opinión publicado no Faro de Vigo en que pode lerse:

É certo que hai internet, pero un xornal no ecrán da computadora non é o mesmo que un xornal en papel de periódico.

Din as malas linguas que Ferrín anda ultimamente metendo algúns lusismos de máis nos seus escritos e xa hai quen empeza a preguntarse “que-está-pasando?”. Son lapsus? É unha bipolaridade á mantenta con algún estraño obxectivo? Está lanzando Ferrín mensaxes subliminais dirixidas ao reintegracionismo?

Sexa como for, e en defensa de Ferrín, gustaríame aclarar que “ecrán” (”pantalla”, “monitor”, para os que non coñezan a polémica), máis ca un lusismo en si sería a adaptación dun lusismo, posto que o escritor modifica a palabra orixinal en portugués “ecrã” para galeguizala ata “ecrán”. Por outro lado, a palabra “ecrã” é en si mesma un galicismo: os portugueses collérona prestada do “écran” francés.

10 comments Xullo 16th, 2008


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 23:36

alema: felizmente xa se solucionaron grazas á inestimable axuda do berto :D que é deus :D

alema: HAI PROBLEMAS DE ACCESO A ALEMA.ORG. DESCULPADE AS MOLESTIAS

alema: mario: deixeiche un recado no post do 2 de xaneiro ;-)

mario: Obrigado!! []s

alema: a min gústame moito o libro dedicado á fonética de freixeiro mato... é un dos meus libros de cabeceira :D

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta