Arquivo de 15 Xullo 2008

Help! Se non son isolacionista… alguén pode dicirme que é o que son?

Creo que xa volo comentei algunha vez. Nin son nin me sinto isolacionista. Partimos da base que o termo é empregado erroneamente polos reintegracionistas para definir os que non comparten as súas teorías. O isolacionismo é, como nos recorda a propia wikipedia portuguesa, “a práctica oficial dun estado ou nación que consiste en pecharse aos demais quer económica, quer politicamente”, tipo a Albania de antano ou a Corea do Norte de hoxe.

Aínda así, mesmo aplicado á lingüística, tampouco me considero isolacionista porque eu non promovo illarme, nin pecharme aos demais, e moito menos ao portugués, que é un idioma irmán! Daquela, que termo define mellor a miña postura? “Oficialismo”, quizais?

Non sei… o caso é que me gustaría coñecer a vosa opinión… Que palabra definiría mellor a todos aqueles que non defenden a reintegración co portugués? Espero as vosas propostas.

28 comments Xullo 15th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta