Arquivo de 14 Xullo 2008

As pintadas, a (lamentable) imaxe que teñen os galegos do reintegracionismo

A maioría dos galegos coñecen o reintegracionismo unicamente pola acción dalgunhas persoas que se dedican a corrixir con rotulador en man os topónimos oficiais galegos en carteis e rótulos. Exemplos hainos a eito. Quen non coñece un carteliño que non sufrira a acción do vandalismo?


Teoricamente, estas accións serven para “normalizar” (así din os seus autores) pero en realidade só conseguen o efecto contrario: un rexeitamento aínda maior da xente, que só ve vandalismo nestas obras de arte tipográficas. Vandalismo e tamén falta de respecto pola toponimia oficial galega, similar á que tiveron moitas institucións estatais cando escribían topónimos deturpados como “La Coruña”, “Orense”, etc. (algo que, afortunadamente, vai corrixíndose co paso do tempo e contra o que todos protestamos).

E eu teño unhas cantas preguntas:
- Que fan as asociacións que promoven o reintegracionismo ante este vandalismo que, por certo, tamén deixa unha pésima imaxe ante os que visitan Galicia?
- Houbo algún tipo de pronunciamento en contra deste tipo de actividades?
- É consciente o reintegracionismo do dano que lle fan as pintadas con vistas a unha normalización verdadeira con respecto á cidadanía?
- Alguén parou a calcular o diñeiro de todos que hai que gastar para reparar estes actos vandálicos?

21 comments Xullo 14th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Categorí­as

Tags

Meta