Benvidos á miña nova casa, alema.org!
En fin… como a maioría vides de alemamalo.wordpress.com, só unhas palabriñas para darvos a benvida á miña nova casa: alema.org, o lugar onde a partir deste luns 7 de xullo (San Fermín, acabo de decatarme) cometerei as miñas maldades e bondades. Hoxe, día do cambio, estou facendo axustes para que non se perda ningún comentario da anterior versión e como aínda me queda choio de exportación/importación non vos hei dar a vara coas miñas cousas… pero ollo! despois do chupinazo prometo ser máis malo ca nunca. Poñédevos cómodos e se hai algo que comentar do estilo da nova casa… Xa sabedes, a criticar!
![]()
12 comments Xullo 7th, 2008


