Os dez mandamentos do reintegracionismo [adminístrese con cariño e sentido do humor]
1- Amarás o portugués sobre todas as cousas (incluída a lingua galega).
2- Non citarás a lusofonía en van (polo risco de saturación do interlocutor).
3- Santificarás o DdoOLeR, aínda que non sexa precisamente un éxito de convocatoria.
4- Honrarás a Carvalho Calero e a Alexandre Banhos… e repetirás ata a saciedade a mítica frase de Castelao “Así como as augas do Sil voltaron ao seu cauce despois de moitos séculos, así voltarán o galego e português a ser a mesma língua”.
5- Non matarás a lingua ceceando ou recorrendo á gheada (bueno, si… só cando haxa que quedar de reintegrata fixe [guai] que “respecta a oralidade”).
6- Non pronunciarás castelhanismos impuros (dicir “bueno” castígase con 20 lategazos, “vale” con 15 e “venha” con 10)
7- Non roubarás… palabras do español (iso baixo ningún concepto!).
8- Non dirás falsos testemuños, coma que o galego só se fala en Galicia, nin mentirás ao asegurar que os reintegratas son os que máis saben e traballan pola lingua.
9- Non consentirás pensamentos en castrapo nin desexos de facer do galego unha lingua en pé de igualdade co portugués.
10- Non cobizarás as subvencións que reciben outros por escribir en normativa oficial.
…E falta o número 11, aplicable só aos máis intransixentes: Estarás comigo ou contra min ![]()
16 comments Xullo 4th, 2008

