Asina aquí a favor da proposta para que ‘bueno’ sexa plenamente galego
3/Xullo/2008
A petición popular, habilito este artigo para que poidan deixar constancia do seu apoio todos aqueles que son partidarios de que a interxección ‘bueno’ sexa incluída dentro do dicionario da RAG como plenamente galega. Os abaixo asinantes somos conscientes da orixe castelá da interxección ‘bueno’, presente desde hai décadas na literatura galega, pero entendemos que foi totalmente absorbida polo galego, idioma que lle deu unha dimensión propia e diferenciada.
Dous avisos:
1- Os que estean en contra da iniciativa, que desbardallen noutros artigos, fagan o favor! Deixen este espazo reservado para os partidarios da proposta.
2- Warning: se hai algún reintegrata ou simpatizante que considere que ‘bueno’ se debe incluír tamén no E-Estraviz por favor póñase en contacto urxentemente co administrador (alemamalo[arroba]gmail.com).
Artigo gardado en: lingua


28 comentarios Deixa o teu comentario
1. alema | 2/Xullo/2008 at 20:35
a miña, a primeira, claro
alema
2. hade | 3/Xullo/2008 at 0:07
3. Tomze-adito | 3/Xullo/2008 at 9:42
totalmente en contra de “bueno” e que coa que está caindo non fai graza isto
4. Gerardinho2000 | 3/Xullo/2008 at 9:49
Duas cousas:
1) eu só assinaria o teu manifesto se fosse um reintegrata radical
2) como algum reintegrata de pró peça incluir “bueno” no e-Estraviz deixo-me de russos e vou-lhe partir as canelas pessoalmente… FICAM AVISADOS!!!
5. orsinia | 3/Xullo/2008 at 15:48
A favor, claro que si
6. mourullo | 3/Xullo/2008 at 15:54
A favor.
7. Xabier Cid | 3/Xullo/2008 at 17:03
Superafavor
8. o'sanma | 3/Xullo/2008 at 17:04
Eu sou, a diferença do Gerardinho, um reintegrata radical. Superafavor!!!
9. ghanito | 3/Xullo/2008 at 17:45
Pero bueno! onde imos parar!
Vou apoiar ó bueno porque estaría feo non facelo en alema-malo.
El bueno, el feo y el malo
10. gheitore | 3/Xullo/2008 at 18:10
Súperafavor!!! E nom só como interjecçom. E, da minha parte, que metam também aier, pueblo, gallego, dios, ghueves e ghuevos.
11. Gerardinho2000 | 3/Xullo/2008 at 18:50
Cagonosreintegratasradicais
12. llik | 3/Xullo/2008 at 19:05
A FAVOR!
13. o'sanma | 3/Xullo/2008 at 19:15
#9 XD XD XD
#10 E nom te esqueças do “hasta”, que o apresentador de “Miraxes” sempre se despide assim: “¡Hasta logo!”
14. berto | 3/Xullo/2008 at 22:06
afavor
15. Toxo | 4/Xullo/2008 at 1:19
Superafavor!!!1!
16. Modesto | 4/Xullo/2008 at 9:50
Abstéñome :-p
17. Gerardinho2000 | 4/Xullo/2008 at 10:55
Modesto, nesta léria não serve abster-se! Eu tenho-te por alguém que diz o que pensa sem complexos… anda, molha-te!!
18. one2 | 4/Xullo/2008 at 12:47
nũa normativa tem-se que ser coerente, polo que a favor do «bueno» na normativa isolina-espanhola.
Um castelanismo arriba ou abaixo tampouco é que se vaia notar
19. gheitore | 4/Xullo/2008 at 13:11
Nom sei o que pensará a RAG quando veja que a metade dos que assinamos somos conspícuos reintegratas, alema…. CON KIEN TE AJUNTAS, KILLO???
20. Gerardinho2000 | 4/Xullo/2008 at 13:12
#18 Ahahahaha
21. Gerardinho2000 | 4/Xullo/2008 at 13:14
Definitivo, converto-me ao reintegracionismo radical.
“Bueno”, no VOLGa já!
22. alema | 4/Xullo/2008 at 13:23
sabía eu que, ao final, habería UNANIMIDADE
23. Gerardinho2000 | 4/Xullo/2008 at 14:49
#22 Mas com divergência de objectivos. Uns, para normalizar o espanhol dentro do galego, e outros para acabar de liquidar o galego-espanhol para dar mais argumentos ao galego-português
Nhenhenhenhenhenhe
24. eugeniote | 4/Xullo/2008 at 16:49
Bom, se a coisa vai a sério de verdade, vai o meu apoio a que apareça no VOLGA, mas nunca no Estraviz. Cada coisa no seu sítio.
Se tudo isto é a broma de um reintegracionista por aquilo do ridiculismo, não quero deixar de passar-lhe esta mensagem:
amigo és um puto génio
stop
nunca me ocorreria uma jogada mais brilhante
stop
continua a desmascarar o isolacionismo
25. moraima | 8/Xullo/2008 at 0:10
uis, chego tarde, eu tamén a favor x)
26. ghalopin | 8/Agosto/2008 at 1:56
aínda que son un ghalopin, en realidade gustaríame ser bueno e ter moitos amigos
27. meninheira | 25/Outubro/2008 at 23:02
Bueno, pois vale.
:DDDDDDDDD
28. Baro | 8/Novembro/2008 at 12:57
Bueno, eu o digo a todas horas, e logo cando me dou conta que non é normativo, parome horas a pensar en como se diría! Porque “bo” como interxección non funciona moi ben, ou polo menos soa horrible. E “vale” ten outro significado (eu o bueno o uso como no anuncio do Gadis: “Chove? -bueno -Vai frío? -bueno!”)
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS