Asina aquí a favor da proposta para que ‘bueno’ sexa plenamente galego
A petición popular, habilito este artigo para que poidan deixar constancia do seu apoio todos aqueles que son partidarios de que a interxección ‘bueno’ sexa incluída dentro do dicionario da RAG como plenamente galega. Os abaixo asinantes somos conscientes da orixe castelá da interxección ‘bueno’, presente desde hai décadas na literatura galega, pero entendemos que foi totalmente absorbida polo galego, idioma que lle deu unha dimensión propia e diferenciada.
Dous avisos:
1- Os que estean en contra da iniciativa, que desbardallen noutros artigos, fagan o favor! Deixen este espazo reservado para os partidarios da proposta.
2- Warning: se hai algún reintegrata ou simpatizante que considere que ‘bueno’ se debe incluír tamén no E-Estraviz por favor póñase en contacto urxentemente co administrador (alemamalo[arroba]gmail.com).
28 comments Xullo 3rd, 2008


