Arquivo de 30 Xuño 2008

Berto Yáñez, ex-reintegrata: “O principal non é ‘escapar’ ortograficamente do español; hai que facer outras moitas cousas antes”

Acabou a espera. Por fin un ex-reintegracionista dá a cara para contar as súas experiencias ao outro lado da norma. Berto Yáñez, creador de Chuza! e impulsor da web 2.0 galega, empregou durante un tempo a normativa AGAL nos seus traballos, aínda que “por saturación” decidiu volver ao redil do galego estándar. Crítico pero tamén conciliador, Berto dános a súa visión sobre o reintegracionismo sen pelos na lingua.

berto

Como se produce a túa aproximación ao reintegracionismo e por que?

O primeiro que teño que aclarar é que eu nunca fun unha persoa preocupada excesivamente polo tema ortográfico en xeral. Sempre me preocupou máis escribir correctamente HTML que galego, any flavor. E nunca tiven unha coherencia normativa ben forte… son como unha especie de diglósico ortográfico se iso é posible.

Pero nun momento da miña vida, e grazas a amigos moi próximos que si que estaban implicados no tema, decidín usar o reintegracionismo como ortografía preferida nos proxectos en que estiven involucrado… Sobre todo en Aduaneiros sem Fronteiras, onde, durante a súa época de certo esplendor, o uso da norma reintegrata foi tan importante coma o propio deseño.

É curioso que tamén foi Aduaneiros o que me fixo decidir ‘deixalo’. Pero tamén quero deixar claro que se hoxe comezara de novo un proxecto coma ese, a norma reintegrata sería a miña escolla. Paréceme máis elegante.

Como é o mundo “reintegrata” desde dentro?

Nunca estiven tan metido dentro como para facer unha avaliación correcta de como é ese mundo, pero a experiencia que tiven con el é que é esixente, implacable na norma, con ganas de debater sempre e con tendencia a non poñerse dacordo, incluso entre eles.

E despois creo que hai dúas faccións diferenciadas: os ludo-reintegracionistas (termo creado por Suso Sanmartín) e o resto. Creo que o nome do termo é explicativo, e con esa facción ludo-reintegrata teño pasado momentos moi divertidos e só teño que dicir boas cousas deles. Despois están os que se alporizan facilmente, que dan por asumidas pola sociedade determinadas cousas e que se escandalizan cando as poñen en dúbida. Eses son aburridos.

Supoño que para abandonar a opción reintegracionista teñen que producirse unha serie de decepcións, de desencontros… cales foron no teu caso?

A fin da miña época reintegrata foi en Aduaneiros, cando me dei de conta que chegabamos a un momento en que daba igual todo excepto que estivera ben escrito. Satureime e non me sentín cómodo. E como dixen ao principio, o meu nivel de militancia lingüística non é tan forte como para esforzarme todo o tempo para estar á altura ortograficamente e, como a maioría do tempo que escribín galego foi algo similar á normativa ILG, despraceime a ese lado simplemente porque me era máis cómodo.

De todos os “dogmas de fe” que hai no reintegracionismo cal ou cales son as que máis che amolan?

Sempre me pareceu amolante o argumento estrela de poder falar con 200 millóns de persoas cando falamos tan pouco entre nosoutros e facemos tan poucas cousas xuntos… A realidade non é así, que non nos fagan comungar con rodas de muíño con ese argumento. Hai outros moito mellores.

Galego e portugués son ou non son a mesma lingua? Como definirías a relación que teriamos que ter coa lusofonía?

Son a mesma língua común con diferentes ortografías e con diferente nome, eu creo que está claro, pero todo o tempo que pasaron separadas e a situación precaria do galego crea un contexto no que, no camiño para tentar garantir que o noso idioma se siga usando aquí, deberiamos ter outras prioridades.

Pero estou convencido disto: deberiamos traballar todos xuntos e sen bullas que non levan a nada para mellorar a situación do galego, teño clarísimo que deberían ser oficiais as dúas ortografías e para iso necesitamos un proceso de asimilación no que vai axudar moito o de poder ver as televisións portuguesas aquí… en fin, que o reintegracionismo é necesario.

Non comparto a tese reintegrata de que para salvar o noso idioma o primeiro que hai que facer sexa asumir unha ortografía diferenciada do español. Na situación actual, creo que o que hai que facer é camiñar cara adiante sen ter presente en todo momento a confrontación, evitar os odios (e auto-odios) gratuítos, ser conscientes da nosa orixe lingüística, non alimentar os trolls e por suposto, unha idea moi simple: facer cousas.

É dicir, o principal agora mesmo non é “escapar” ortograficamente do español; hai que facer outras moitas cousas máis antes. Aínda que a norma actual veña dunha “anomalía” ou dunha certa despreocupación dos que a inventaron nos anos 80, creo é algo co que debemos cargar, asumir e centrarnos noutras cousas para salvar o idioma.

É posible separar o reintegracionismo dunha corrente ideolóxica?

Estou convencido. E cada vez espero que máis.

Cres que o reintegracionismo lle pode facer mal á normalización lingüística?

Creo que nalgúns casos non pode ser o xeito máis adecuado de evanxelizar, pero como dixen antes, é necesario que non se perda a perspectiva e por iso, e en última instancia, agardo que o traballo dos reintegratas acabe dándonos alegrías no campo da normalización.

Ves posible un acordo entre reintegratas e non reintegratas nun futuro próximo ou haberá lei de Berto for ever?

Espero que nos poidamos entender e que o galego colla a suficiente forza como para poder “funcionar” con dúas normativas.

47 comments Xuño 30th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta