Máis educados pero algo máis clasistas tamén
29/Xuño/2008
Cando un quere alguén, sabe verlle as virtudes e os defectos… As cousas boas e as cousas malas, aínda que estas últimas, tamén hai que dicilo, tenden a perdoarse con máis facilidade. É dicir, un pode ser “malo” consciente de que, no fondo, o que se procura é un ben.
Porque, para sermos sinceros… o idioma portugués tende a ser un pouco ‘clasista’. Ou máis ca o idioma… os que utilizan ese idioma. Se algunha vez van a Portugal, non se sorprendan se escoitan algo así como ’sotor’ (e ’sotora’ por suposto). É a forma rápida e apocopada de dicir “senhor doutor” e “senhora doutora“, figuras de tratamento moi utilizadas por eses lares.
Os portugueses caracterízanse por ser, polo xeral, persoas cunha educación exquisita [e ollo que na lingua de Camões 'esquisito' quere dicir 'raro']. Empregan con menos frecuencia os palavrões ca nós [alí están peor vistos ca aquí], recorren máis ao você e ao senhor ca ao tu [atúan menos, vaia]… pero ás veces, hai que recoñecelo, pásanse de clasistas.
E só desexo unha cousa: de aproximármonos máis a eles, por favor que non sexa na teima do ’senhor doutor’, ’senhor engenheiro’, etc. E é que alí abaixo parece que están desexando sacar un tituliño universitario para que os chamen con esta fórmula de tratamento tan pasada de moda e tan típica de telenovela suramericana. Deseguido poñen nos seus cartões de visita, o nome completo co “Dr” ou “Engº” precedendo… Para que quede claro!
E postos a falar das fórmulas de tratamento… moito ollo coas ‘meninas’ porque non son só un cadro de Velázquez. Ao non teren o equivalente a ’señorito/a’, alí o que se emprega é ‘menino/a’. Ata niso somos diferentes.
Artigo gardado en: lingua, reintegratas


8 comentarios Deixa o teu comentario
1. Nemigo | 29/Xuño/2008 at 2:33
os portus gustan moito dos formalismos. Sonche moi educados e gustan amosar isas formas respetuosas no tratamento
Iso si, din moito iso de: non fodas Cando algo non vai ben -> non fodas
Palabras como embora e ta bem que val pra todo
O de formalismos como señor. Temén é moito de aquí. En madrí eche moi usado en determinados niveis. Contáranme o caso dun enxeñeiro de madrí que rematara os estudios e fora a traballar nun estaleiro da ría de vigo. O rapaz falaba con todo o mundo e saludaba a todo o mundo. Chamárano un día ao despacho do jefe
Que estaba a dar moitas confianzas aos traballadores. Alí os enxeñeiros eran; señor don e os traballadores: sanchez, perez, rodriguez…
2. Gerardinho2000 | 30/Xuño/2008 at 8:24
Bom, os formalismos que utilizam em Portugal (sobretudo do Douro para abaixo) parecem-me decalques do português e castelhano da América
É ou não é, “lisensiado” 
3. alema | 30/Xuño/2008 at 10:58
concordo contigo gerardinho… o que quero dicir é que espero que eses “decalques” non veñan a nós vía Portugal
4. Gerardinho2000 | 30/Xuño/2008 at 12:33
Eu tampouco quero que nos venham via Hispanoamérica ou Espanha
Mas se tiverem de vir de algures, já sabes quais são as minhas preferências.
5. alema | 30/Xuño/2008 at 18:40
eu non quero que veñan de ningures. punto final. o malo que non veña de ningún sitio
6. Gerardinho2000 | 30/Xuño/2008 at 19:00
Se bem, “malo”. Se não vem, “malo”. És “malo” de mais, Alema!
7. alema | 30/Xuño/2008 at 19:20
malo -> mao -> mau -> guau
8. Gerardinho2000 | 30/Xuño/2008 at 22:19
Arf!
Deixa un comentario
HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback deste artigo | Subscribirse aos comentarios mediante RSS