Arquivo de 26 Xuño 2008

O tamaño (de letra) si que importa

Abraiado quedei cando fun acompañar uns amigos a un centro de Supercor que abriron recentemente no Milladoiro. Todo moi botiniño, moi limpiño e moi relucente, pero cal foi a miña sorpresa ao descubrir que gran parte dos seus letreiros estaban en castelán e en galego. Ata aí todo normal… o sorprendente é que a versión española estaba arriba e con letra grande e a galega abaixo e en letra moitísimo máis pequena. Tal que asín.

E digo eu, señores do Corte Inglés… Tan difícil será quedar un pouquiño ben? A que vén esta discriminación por tamaño? Suponse que os galegofalantes teñen que ter mellor vista ca os que utilizan o castelán? Ou será que no fondo e na forma vostedes nos están dicindo aos fociños que unha lingua é superior e máis importante ca a outra?

Postos a pedir, tampouco estaría mal que tivesen en conta que, efectivamente, algunhas cousas se din da mesma maneira en castelán e en galego… Ten algún sentido carteliños coma este? Porque para min só serven para facer o ridículo dobremente

En fin, home, que si, que está ben que se apunten a poñer as cousas en bilingüe, pero vaia… falta un chisquiño de delicadeza… Por certo, estes carteis son abundantes pero, aínda así, a maioría dos letreiros da tenda estaban unicamente en castelán.

8 comments Xuño 26th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta