Arquivo de 22 Xuño 2008

NH power

Os galegos temos un fonema que nos fai únicos e diferentes. Un n velar ) que non teñen nin portugués nin castelán e que nós conservamos como un dos nosos trazos máis singulares. Os estranxeiros que aprenden o noso idioma, incluídos os portugueses, teñen algunha dificultade para asimilalo. E nin os galegos cando falan castelán poden escapar del.

Pois aínda que só sexa por iso, ese fonema ben merece unha escrita singular no noso sistema ortográfico. E, sinceramente, creo que a escolla do -nh- é acertada. En primeiro lugar, porque un n velar é ante todo un n e non un m. Os portugueses escriben “uma” e len “uma”, escriben “com” pero non len nin “com” nin “con” con n velar ao final, senón que fan un o nasalizado que, por certo, nós tampouco temos na nosa lingua oral.

Daquela, por que asumir como propio algo que nos é tan alleo? E haberá quen diga que a opción -nh- é castrapo. O de sempre. Pois tampouco creo que sexa así porque un castelanfalante non asume tampouco como propio este dígrafo e desde logo non o pronuncia ben nada máis velo, igualiño igualiño ca un falante de portugués.

Por iso creo que debemos reivindicar sen vergonza e sen complexos o -nh- para representar o n velar. Fixérono os nosos escritores, e a sociedade galega é algo que asume sen problemas. Para que escribir -m- ou -mh- ou outros inventos cando non é algo que reclamen os propios galegofalantes? Non ten absolutamente ningún sentido, na miña humilde opinión.

De todos os xeitos, recomendo unha lectura deste interesantísimo artigo sobre a fonética portuguesa para que xogar a el juego de los ocho errores. Fíxense na cantidade de fonemas, tanto vocálicos coma consonánticos, que se empregan regularmente no portugués falado e que nós nin cheiramos. Ou acabaremos tendo que facelo?

8 comments Xuño 22nd, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta