A infancia perdida pola ‘colonizaçom espanhola’

21/Xuño/2008

Ola, amiguiños. Este sábado toca outra sesión de rewind-forward que tanto vos gusta. “Como están vosteeeeedes?” Ai, non, que aquí os pallasos non preguntaban así. Só a galiña Caponata de Barrio Sésamo nos dicía iso de “bos días, rapaciños” xusto despois de que o caracol Perejil dixera “good morning, kids”. Non o lembrades?

Foi o único que escoitaron no seu idioma toda unha xeración de galegos que creceron traumatizados por falta dunha boa ración diaria de ‘Xabarín’. Ben, pois este artigo é para eles ou para ti, que queres saber como sería a túa infancia baixo a influencia portuguesa… Ou para ti, que desexas quedar fixe en calquera festa, xuntanza ou karaoke reintegrata…  Pero tamén para ti, que só queres perfeccionar o teu portugués. Todo está subtitulado… así que non hai excusa para non cantar!

_________________________________________________________

Xa que empezamos con Caponata, iniciamos este repaso pola túa infancia perdida con ‘Barrio Sésamo’… Esta era a apertura na RTP de Rua Sesamo.

E que me dicides de Heidi? Pois que non se di “gheidi”, senón “áidi”. E o abuelito de toda a vida é avôzinho. Poucos anos despois, a baixiña cabezona de Dallas [xa non me lembro como se chamaba] popularizaba na TVG “avoíño, avoíña”.

E que me dicides do pobre Marco, que chora porque súa nai foi embora, malpocadiño ele? E non vive nunha humilde morada, para nada… el vive nunha humilde casinha, como ten que ser.

E nun país multicolooor, había unha abelha baixo o sol. A abella Maia tamén ten unha versión portuguesa algo diferente á que se viu por estas terras [fíxate que algunhas rimas non pegan moi ben que digamos...].

E por último, Dartacán y los tres Mosqueperros, que en portugués tivo unha tradución simpática, podemos dicir: “Dartacão e os tres Moscãoceiros”. Xa só polo título paga a pena ver esta adaptación.

En fin, son horas e horas de desenhos animados que tamén viron ao outro lado da fronteira e que é pena desde logo que non teñan unha versión en galego. Eu confeso que se a min me poñen de pequeno todo isto, non había entender nin papa. Pero vaia… xa sabedes a estas alturas que para min galego e portugués non son o mesmo.

Artigo gardado en: audiovisual, lingua, reintegratas

3 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. Nemigo  |  21/Xuño/2008 at 1:05

    por sorte cambiou moito a programación infantil. Nós non tiñamos onde elexir. Eran os pallasos da tele, barrio sésamo ou algunha serie de debuxos animados de dubidosa calidade
    Hoxe os máis novos teñen dvd con programas pra eles ou conéctanse a youtube pra ver algún video clip ca música que lles gusta
    Unha pena que non teñan máis programas en versión orixinal os máis novos, series en inglés

  • 2. sen_nome  |  21/Xuño/2008 at 1:31

    http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=glg Bótalle unha ollada

  • 3. Outro friqui lusófono ac&hellip  |  12/Outubro/2008 at 22:03

    [...] Maia e do Dartacão e os Tres Moscãoteiros, dúas cancións que por certo aparecen tamén nun vello post do [...]

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta