Mira nena… estás feita unha ‘perdularia’

18/Xuño/2008

Unha noticia dun xornal deportivo portugués sérveme de inspiración para a creación da segunda palabra do dicionario galego pijo/relambido/queique. Anótaa ben: “perdulario /a“. O bo que ten esta palabriña é que, como non a entende nin Cristo, podes darlle os significados que máis che gusten. Pero sexamos serios.

Consulto no dicionario de galego “Ir Indo” (en papel porque a versión online foi ‘capada’) e vén a seguinte definición: “Que é moi vicioso (atribuído a persoas)”. Conclusión: pode empregarse para chamarlle a alguén o equivalente a “pendón/putón verbenero“. Guai.

Pero é que mirando en dicionarios de portugués e pseudo-portugués, veñen outras definicións que podemos asumir estupendamente. No wiktionary portugués vén isto: “aquel que gasta excesivamente (por mal uso, irresponsabilidade, etc.)… Ou dito en linguaxe da rúa “derrochón“, “gastador”, “desbaldidor“, etc. Ideal para botarlle en cara a un amigo ao que lle teñas envexa porque manexa con máis soltura a visa.

Pero non nos enganemos. A fonética desta palabra pode inspirarnos para outros significados. Non pode ser logo unha mestura entre “perdedor” e “ordinario“, por exemplo? Ou por que non, unha maneira fina de chamarlle á veciña “verdulera“? É o bo que teñen estas palabras. Valen para insultar a pracer.

Exemplos: “Mira nena… estás feita unha perdularia, e eu sufro moito indo contigo de compras”, “Con tanto ferrete van pensar de ti que es un perdulario”, “Chámame croco, tía, pero eu creo que Vane se pasa de perdularia”.

Artigo gardado en: dicionario pijo/relambido/queique, lingua

2 comentarios Deixa o teu comentario

  • 1. Nemigo  |  19/Xuño/2008 at 2:07

    non penso que sexa significativo nin moito menos teña mérito. Lembremos que cando o servicio militar un dos dirixentes das xuventudes do pp era obxector de conciencia e ben que lle jodia a fragagá

    Hai casos de alcaldes populares moi marchosos. O famoso josé estanga. Roqueiro e de estética hard
    O pp é un crisol no que colle dende o franquismo rancio e ñoño ata o presunto progresismo bo rollista

  • 2. lurinha  |  7/Agosto/2008 at 20:52

    Que não a entende ninguem?
    Pois eu sempre ouvi a palavra perdulário-a para se referir a umha pessoa cheia de vicios e sem princípios morais.

Deixa un comentario

Obrigatorio

Obrigatorio, oculto

HTML permitido:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback deste artigo  |  Subscribirse aos comentarios mediante RSS


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 23:36

alema: felizmente xa se solucionaron grazas á inestimable axuda do berto :D que é deus :D

alema: HAI PROBLEMAS DE ACCESO A ALEMA.ORG. DESCULPADE AS MOLESTIAS

alema: mario: deixeiche un recado no post do 2 de xaneiro ;-)

mario: Obrigado!! []s

alema: a min gústame moito o libro dedicado á fonética de freixeiro mato... é un dos meus libros de cabeceira :D

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta