Arquivo de 18 Xuño 2008

Mira nena… estás feita unha ‘perdularia’

Unha noticia dun xornal deportivo portugués sérveme de inspiración para a creación da segunda palabra do dicionario galego pijo/relambido/queique. Anótaa ben: “perdulario /a“. O bo que ten esta palabriña é que, como non a entende nin Cristo, podes darlle os significados que máis che gusten. Pero sexamos serios.

Consulto no dicionario de galego “Ir Indo” (en papel porque a versión online foi ‘capada’) e vén a seguinte definición: “Que é moi vicioso (atribuído a persoas)”. Conclusión: pode empregarse para chamarlle a alguén o equivalente a “pendón/putón verbenero“. Guai.

Pero é que mirando en dicionarios de portugués e pseudo-portugués, veñen outras definicións que podemos asumir estupendamente. No wiktionary portugués vén isto: “aquel que gasta excesivamente (por mal uso, irresponsabilidade, etc.)… Ou dito en linguaxe da rúa “derrochón“, “gastador”, “desbaldidor“, etc. Ideal para botarlle en cara a un amigo ao que lle teñas envexa porque manexa con máis soltura a visa.

Pero non nos enganemos. A fonética desta palabra pode inspirarnos para outros significados. Non pode ser logo unha mestura entre “perdedor” e “ordinario“, por exemplo? Ou por que non, unha maneira fina de chamarlle á veciña “verdulera“? É o bo que teñen estas palabras. Valen para insultar a pracer.

Exemplos: “Mira nena… estás feita unha perdularia, e eu sufro moito indo contigo de compras”, “Con tanto ferrete van pensar de ti que es un perdulario”, “Chámame croco, tía, pero eu creo que Vane se pasa de perdularia”.

2 comments Xuño 18th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta