Arquivo de 15 Xuño 2008

Vane, tía, recoñece que desta vez fuches un pouco “croco”

Hoxe empezamos unha nova sección: un dicionario para galego pijo/relambido/queique. Conscientes de que este idioma carece de futuro ata que non sexa plenamente dominado polas clases máis ‘elevadas’ da nosa sociedade, iniciamos unha serie de propostas para que o galego sexa máis guai para os que se animan pouco a empregalo.

A nosa primeira proposta é “croco”. É un apócope de “crocodilo” e equivale ao castelán “borde”, que en galego á súa vez sería “bordo” e queda fatal, fatal, fatal… En portugués sería “chato” (pronunciado “xato”) e tampouco mola. A grafía recomendada é “croco” pero tamén pode escribirse con k para darlle un toque máis pijo aínda se cabe: “croko”, “kroko” e “kroco” son igualmente válidas. Para sms, simplifícase con “crc”, “crk”, “krc” ou “krk”.

Exemplos: “Vane, tía, recoñece que desta vez fuches un pouco croco con el”, “Miña nai é un croco, non me deixa volver á casa máis tarde das doce da noite”, “Aí veñen eses crocos proletarios” ou “Chuza! está cheo de crocos, nena, pero ti, nin caso”.

Por suposto, esta sección queda aberta ás suxestións dos usuarios, aos que se lles agradece por anticipado a súa colaboración.

1 comment Xuño 15th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta