Arquivo de 14 Xuño 2008

Amor non correspondido

Así di a wikipedia:

Un amor non correspondido é amor non recíproco, aínda cando esa reciprocidade é profundamente desexada.

O amor non correspondido pode durar décadas e desencadear nun comportamento obsesivo tal como o axexo ou a persecución, ata pode traducirse en hostilidade cara ao obxecto de desexo se o amor é rexeitado.

Este tipo de comportamentos poden levar a estas persoas a ser vistas como pervertidas ou ‘miróns’. Na maior parte dos casos, con todo, o amor non correspondido é un sentimento que pasa totalmente desapercibido para os demais.

A cantidade de sufrimento que se pode a chegar a adquirir é realmente frustrante, unha persoa pode chegar a quedar “bloqueada totalmente” ou ata sufrir unha forte depresión e chegar a enfermar.

Con todo, só a aprendizaxe diaria e o respecto cara a un mesmo e cara ao obxecto que non corresponde o sentimento, fai que as barreiras de ansiedade e euforia poidan ser superadas.

A lusofonía nin nos coñece, nin sabe que existimos, nin nos quere, nin se preocupa por nós,… é un amor non correspondido.

Así que… aínda estás a tempo: se non queres sufrir, non te fagas reintegrata. E se xa o es, xa sabes: “o respecto cara a un mesmo” é fundamental para superalo.

3 comments Xuño 14th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta