A versión española de Shin Chan é unha porcallada e a portuguesa (brasileira) tampouco vale un can
Poucas cousas serven mellor para deixar claro o carácter único da lingua galega ca a famosa serie de animación xaponesa ‘Shin Chan’. O excelente traballo desenvolvido polo seu tradutor (ou tradutores) e polos seus actores de dobraxe podería presentarse como proba concluínte en calquera debate sobre se somos ou non un dialecto do portugués.
O de que a versión en español da serie era unha porcallada xa o sabiamos. Padecémola cada vez que Antena 3 emite un capítulo, pero… Que pasa coa versión portuguesa? Pois que tampouco encaixa connosco… tampouco nos identificamos con ela. E o que é máis forte [pronúnciese 'fòchi' en brasileiro]: é moitísimo menos comprensible para un galegofalante ca as versións en español internacional de España e en español ‘latino’.
Podes comprobalo dentro do artigo.
_______________________________________________________________________
Poñemos como exemplo o capítulo “A tartaruga e as lebres”. A simple vista, os títulos nas versións galega e portuguesa coinciden completamente pero as diferenzas entre unha lingua e outra son palpables en canto os personaxes ou o narrador abren a boca.
Versión galega _____________________________________
Versión portuguesa (brasileira) _______________________
Que? É evidente ou non que as diferenzas entre unha versión e outra son abismais. Que grao de comprensión pode ter un galegofalante deste capítulo? Cantos galegos poden presumir de entender o 100% do que di o Shinchaenzinho lusófono?
Pero sigamos avanzando no experimento. A continuación veñen as versións en español de España e en español latino do mesmo capítulo.
Versión española __________________________________
Versión latina _____________________________________
É evidente que tampouco os galegos nos identificamos con isto… Pero, sexamos sinceros, se á inmensa maioría dos galegofalantes lles desen a elixir entre as diferentes versións, con cal quedarían como segunda opción? Seguro que sería a brasileira?
2 comments Xuño 12th, 2008


