Arquivo de 11 Xuño 2008

O ILG e a RAG xa coñecen a proposta para admitir “bueno”

A proposta de incluír a interxección “bueno” no dicionario da RAG xa está encamiñada. As dúas entidades que deben decidir sobre o asunto, o Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega, xa están informadas.

Agora… a esperar! Quen responderá primeiro? O ILG ou a RAG? Tardarán moito en facelo? A cousa ten o seu aquel, porque servirá para medir se realmente estas institucións fan o servizo público para o cal foron creadas. Esperemos acontecementos… Se queres coñecer o contido da petición de información, mira dentro.

_____________________________________________

Esta é a carta que se lles enviou tanto ao ILG coma ao RAG. Está datada no 10 de xuño de 2008.

Pola presente, poñémonos en contacto con vostedes para informalos dunha iniciativa que estamos desenvolvendo na rede para que se inclúa a interxección “bueno” dentro do dicionario da Real Academia Galega. Os que apoiamos a iniciativa entendemos que a palabra bueno, empregada única e exclusivamente como retrouso e non como adxectivo, é plenamente galega a pesar da súa orixe no castelán; e preguntámonos por que non se acepta.

Gustaríanos, a ser posible, que lesen os razoamentos expostos nas seguintes páxinas web (onde hai argumentos a favor e en contra da proposta) e que nos aconsellasen os pasos que debemos de seguir para que a nosa iniciativa chegue a bo termo.

http://alemamalo.wordpress.com/2008/06/09/a-rag-debe-admitir-a-palabra-bueno-xa/
http://alemamalo.wordpress.com/2008/06/10/o-debate-de-bueno-xa-esta-en-boca-de-todos/
http://chuza.org/historia/a-rag-debe-admitir-a-palabra-bueno-xa/

Agradecendo a atención prestada, quedamos á espera da súa resposta.

4 comments Xuño 11th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta