Arquivo de 10 Xuño 2008

O debate de “bueno” xa está na boca de todos

A irrupción en Chuza! da proposta sobre a admisión da interxección “bueno” no dicionario da RAG non puido ter mellor ou peor acollida, en función de quen o analice, claro. Pero en todo caso foi unha idea que non pasou desapercibida, xa que axiña se converteu nunha das máis comentadas da rede social galega por excelencia.

O debate serviu para poñer enriba da mesa a cuestión de ata que punto se deben permitir “interferencias” do castelán. O que pasa é que, polo que vexo, os prexuízos contra unha determinada lingua (neste caso, o español) acaban por provocar un rexeitamento frontal sen atender a razóns en moitos casos.

Facerlle desprezos a unha palabra só pola súa orixe castelá non parece moi axeitado, posto que tanto o galego coma outras linguas (incluído o portugués) acabaron admitindo palabras de orixe española sen problemas (o xa famoso ‘repolho‘). Pero é que neste caso hai un factor de uso demoledor. Por moito que se argumente que se pode dicir “bom”/”bo”/”bon” en vez de “bueno”, todos sabemos que queda super-artificial no noso idioma.

En fin, a proposta segue en pé. Podemos discutir se é mellor “bueno” ou “boeno”, ou mesmo pedir tamén que se inclúan os apócopes “bue” ou “bua”, tamén bastante correntes. Se se admite “canté” como interxección, por que non “bueno”?

Non se trata de que todas as palabras en “castrapo” se inclúan no dicionario da RAG, non é iso. Só se trata de recoñecer que esta en concreto debe estar porque:

1- Non existe unha equivalencia perfecta a outra do galego

2- É de uso universal por parte dos galegofalantes (incluídos reintegratas, neo-falantes e falantes de toda a vida)

3- O galego deulle unha dimensión diferente, mesmo maior á que ten en castelán

Se a Academia quere adaptarse aos tempos, á cidadanía que fala galego, debe admitir esta palabra. E o Estraviz, igual que inclúe ’sapatilha’ e ‘tortilha’, tamén debería facelo. Porque “bueno” é e será sempre unha palabra galega.

2 comments Xuño 10th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta