Arquivo de 9 Xuño 2008

A RAG debe admitir a palabra “bueno” xa

Xa sei o que ides dicir moitos: que se é unha “castrapada”, que se admitimos isto que vai ser o seguinte, etc. etc. Pero tanto me dá. Isto é para os que creades firmemente que a palabra ‘bueno’ forma parte irrenunciable do idioma galego.

Se recentemente a RAG admitiu o palabra “greleiro” no seu dicionario a petición da empresa que fixo un anuncio, por que non vai facer o mesmo con “bueno”?. Porque, sexamos realistas… Que galegofalante non emprega frecuentemente esta palabra? Quen dá escapado a este retrouso? Polo que a min respecta, confésome incapaz de dicir “bo”, “ben”, “vaia”, etc. É que non é o mesmo!

“Bueno” debería ser admitido como interxección galega xenuína. A súa orixe é castelá ninguén a dubida, pero non nos enganemos: outros castelanismos foron recoñecidos (tortilla, bocadillo, guerrilla)… ata o portugués utiliza castelanismos (’nublado‘, por exemplo).

O galego colleu este préstamo e deulle unha nova dimensión, maior incluso ca a que ten en castelán. É unha palabra que empregaron os nosos antepasados e que non se dará borrado da nosa fala coloquial endexamais. Deámoslle pois oficialidade dunha vez!

Por ese motivo, fago un chamamento para que os lectores deste blog me fagan chegar todo tipo de documentos (de texto, de audio, de vídeo) onde se demostre o uso habitual da palabra “bueno” por parte de galegofalantes habituais e non só… tamén por parte de académicos de recoñecido prestixio e autoridades varias. Tamén lles pido axuda a todos aqueles filólogos que estean de acordo con esta proposta para que me axuden a darlle unha argumentación máis “científica”. Esta iniciativa, se logra o apoio suficiente, haberá de presentarse na RAG polas canles pertinentes. Xuntos habémolo conseguir!

Eu, para empezar, achego este documento… É parte do spot publicitario “Vivamos como galegos”, onde se emprega o termo “greleiro” posteriormente recoñecido pola RAG. Nesta parte do vídeo móstrase o uso galegofalante clarísimo do termo “bueno”.

Espero as vosas achegas nos comentarios deste artigo. “Bueno” ten que ser oficial xa!

11 comments Xuño 9th, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta