Arquivo de 8 Xuño 2008

Toda a verdade das televisións portuguesas

Como introdución teño que recalcar que sempre fun un fervente defensor da difusión das canles de televisión portuguesas en Galicia. Con todo, ante as expectativas -ao meu xuízo desmesuradas- que está xerando en certos sectores, véxome na obriga de recalcar algunhas cousas… o que outros non teñen ‘tomates’ a dicir. Are you ready?

O máis importante: a recepción das teles portuguesas non nos vai converter a todos en reintegratas, nin moito menos. As novas canles servirán para unha aproximación do pobo galego á lingua e á cultura irmás portuguesas, pero que ninguén espere grandes revolucións nin a medio nin a longo prazo. E todo polas seguintes razóns:

1º) A audiencia desas novas canles vai ser bastante reducida. No caso de que as principais canles portuguesas se decidisen a emitir en Galicia, o máis probable é que ofrezan produción propia case exclusivamente (é dicir, non van emitir nin pelis, nin series estranxeiras -incluídas as telenovelas brasileiras, estrelas da súa programación-, nin debuxos animados…). O máis factible é que emitan informativos (sobre a realidade portuguesa principalmente), magazíns e programas divulgativos e culturais ao estilo das canles internacionais das teles autonómicas. Que ninguén espere pois que as canles portuguesas, todas xuntas, alcancen máis do 2% ou 3% de cota de pantalla.

2º) A chegada das teles portuguesas pode atrasarse máis do esperado. A pesar das múltiples promesas que se escoitaron nos últimos meses, é ben probable que os operadores de televisión (sobre todo os privados, tanto españois coma autonómicos) non queden cos brazos cruzados e presionen para evitar a chegada dos portugueses. Pénsese que a fragmentación das audiencias polas novas tecnoloxías pode provocar unha redución significativa dos ingresos publicitarios. Ou sexa, os mesmos cartos para repartir entre máis empresas xerará lea seguro.

3º) Haberá que ver tamén o grao de implicación que van ter as empresas audiovisuais portuguesas en todo este proceso. Como xa dixen, probablemente non se mollarán cunha programación idéntica á que ofrecen en Portugal. Porque, sexamos realistas, as televisións portuguesas non ven en Galicia un mercado potencial. Habería que convencelos, pero vaia… hai tempo. As televisións portuguesas non chegarán en ningún caso antes o chamado ‘apagamento analóxico’, previsto para 2010. E outra cousa: por que non se reclama coa mesma forza a emisión das teles galegas no outro lado? (É que sempre parece que somos nós os ‘parviños namorados’ e que son eles os que ‘pasan’… un amor non correspondido, vaia).

En fin, non todo vai ser negativo. A continuación, preséntovos unhas pequenas mostras do que nos espera se chega finalmente a televisión portuguesa a Galicia. É unha mostra sesgada adrede, que quede claro. É só para curtir un pouco. [Quen non entenda curtir, que non se preocupe: xa o collerá cando cheguen as teles portuguesas]

_________________________________________________

A televisión portuguesa importou unha chea formatos de éxito que xa se ven en España: “Aquí no hay quien viva”, ” Los Serrano” e por suposto os arqui-famosos realities “Big Brother” e “Operación Triunfo”.

Comecemos con “Big Brother“, o formato que lanzou á privada TVI ao máis alto das audiencias. Velaquí a tremenda patada que lle meteu o concursante Marco á concursante Sónia. Sérvenos para aprender unhas cantas expresións portuguesas tipo “tá calada, caralho” ou “a puta que te pariu” (aí somos idénticos :D )

Na RTP emítese “Operação Triunfo“. Como mostra, a presentación do concorrente Ricardo, que nos serve tamén para constatar as diferenzas fonéticas e de vocabulario que temos co portugués. Do you really understand all that he says?

Falando de entender… que me dicides desta adaptación ao mundo friki a través de Noites Marcianas, da SIC, adaptación de ‘Crónicas Marcianas’?

Pero vaiamos a algo máis recente. A ‘Praça da Alegria’ (RTP) da co-presentadora de ‘Luar’ Sónia Araújo… Realmente é fácil de entender o que di a “convidada”?

E para terminar, unha mostra dos informativos. Aquí o presentador lanza unha manchea de palavrões en antena no día da independencia de Timor Leste…

En fin, non vaiades pensar que isto é o que nos espera se chegan ata aquí as teles portuguesas. Son só uns cantos exemplos sacados de contexto para rir un pouco… para curtir, que en portugués calão significa ‘pasalo ben’. Trátase diso.

9 comments Xuño 8th, 2008


AVISOS


Asina en Facebook a favor de 'bueno'!

Visita a miña canle de Youtube
Alí está o osiño gominola

Este blog en portugués automático
Este blog en español automático

Os artigos actualízanse (ou inténtanse actualizar) todos os días ás 22.00 horas salvo asuntos de máxima urxencia

Últimos comentarios

Enquisa

En que categoría te sitúas dentro da escala alema?

Ver resultados

Loading ... Loading ...
Máis info sobre as categorías da escala de alema aquí

Andan por aquí fozando

Mini-chat

Latest on Tue, 23:36

alema: felizmente xa se solucionaron grazas á inestimable axuda do berto :D que é deus :D

alema: HAI PROBLEMAS DE ACCESO A ALEMA.ORG. DESCULPADE AS MOLESTIAS

alema: mario: deixeiche un recado no post do 2 de xaneiro ;-)

mario: Obrigado!! []s

alema: a min gústame moito o libro dedicado á fonética de freixeiro mato... é un dos meus libros de cabeceira :D

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta