Agora vén da man do dicionario infopedia.pt, que afortunadamente non inclúe a acepción de ‘fraco’, ‘ordinario’ e ‘de pouco valor’ na definición de ‘galego’, pero que inclúe este termo:
galegada
nome feminino
1. grupo de galegos
2. acção ou dito próprio de galego
3. pejorativo; linguagem apressada e pouco compreensível
Pois xa vedes, non só somos ‘ordinarios’ e de ‘pouco valor’, senón que non nos entenden porque falamos, disque, ás présas…
Xuño 6th, 2008
Seguindo os pasos dos cataláns, os internautas galegos embarcámonos nunha loita sen cuartel por conseguir un dominio propio para o noso idioma, o tan famoso ‘.gal’. De momento non o conseguimos, pero cabe preguntarse… Pagará a pena tanto esforzo? Se o que se defende é a nosa reintegración na lusofonía, non habería que tirar a toalla e procurar outro sufixo?
Non sei… se cadra habería que reclamar agora o ‘.lus’… [Home, habíanos de recordar iso de "que ten moita lus, moita claridá", pero é o primeiro que se me ocorre...]. Ou que tal ‘.pti’ (portugués internacional)? ou o .gpt (galego-portugués)? Mmm. Había que pensalo.
Desde que xurdiu a iniciativa, unha morea de institucións e cidadáns particulares adheríronse á campaña do puntogal para crear o noso propio dominio… E eu pregunto:
Alguén desde este ou desde o outro lado da raia moveu un dedo para impedilo? Que fará o reintegracionismo se finalmente se consegue o .gal? Empregarao e exportarao despois ao resto da lusofonía? A lusofonía vai admitilo? Asumirao como propio? Quererannos copiar? Conseguiremos tolear o ICANN?

Xuño 6th, 2008