Boicot ao Priberam, o dicionario de portugués que nos chama “ordinarios” e “de pouco valor”
Confírmase a miña teoría de que aos galegos nolas dan polos dous lados. Cando non esqueceramos aínda a polémica polo feito de que o dicionario da RAE sinala entre as acepcións de “gallego” a de “tonto”, vou ao dicionario online Priberam, un dos máis importantes en lingua portuguesa, e encontro esta definición de galego.
Pero isto que é? Como é posible que nos chamen ordinarios, fracos (que en portugués non signfica “delgado” senón “covarde”, “frouxo”, “insignificante”, segundo o mesmo dicionario), en definitiva “de pequeno valor”… E non só iso, senón que consideran que o que falamos aquí é un “dialecto“. Ata os lisboetas chegan a usar a palabra galego para referirse aos “mozos dos recados”.
E como é que ninguén protesta? Como é que permitimos ser insultados desta maneira coa que se supón que é a nosa lingua irmá maior, á que teoricamente debemos someternos sen protestar? Hai dúas varas de medir? Suponse que isto non é novo. Ninguén organizou ningunha campaña de boicot a estas alturas? Os que máis defenden a nosa reintegración na lingua portuguesa non son os que máis tiñan e teñen que protestar? AGAL pronúnciate já.
[audio=http://www.goear.com/files/sst4/dc79f29382ab3b210a639c3856192220.mp3]
14 comments Xuño 4th, 2008


