Arquivo de 3 Xuño 2008

O noso topónimo ben merece un Guinness

Xa pasaron case cinco anos desde a última reforma da Real Academia Galega, a que permitiu que o noso país tivese dous topónimos admitidos: por un lado Galicia, e por outro lado Galiza. Recordemos.

(…) Galicia, denominación oficial do país e forma maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo.”

O caso é que, pasado case un lustro, segue parecéndome digna de eloxio a harmonía na que conviven estas dúas denominacións para unha mesma cousa: unha oficial e maioritaria e outra “lexítima”, “medieval” e “recuperada”. Sobre todo, chámame a atención o feito de que, unha vez transcorridos cinco anos, case non aumentou a frecuencia de uso da opción supostamente minoritaria e a maioritaria, pois segue sendo maioritaria. Os que dicían Galicia seguen dicindo Galicia e os que dicían Galiza seguen dicindo Galiza. Ou non?

E postos a enlear a cousa, digo eu… o topónimo “Galiza” non debería ir acompañado dun artigo, como acontece en portugués (“O senhor é da Galiza” e nunca “O senhor é de Galiza”)? E en galego estándar, que eu saiba, os topónimos que levan artigo, lévano sempre (A Coruña, O Vicedo). Daquela xa temos unha proposta seria para presentarnos ao Guinness World Records. Temos catro formas para un mesmo topónimo…

Galicia Galiza
A Galicia A Galiza

Poñamos un exemplo práctico. Un ente como “Portos de Galicia” podería ter ata estas catro denominacións distintas:

Non é fantástico? Ata catro rótuliños distintos poden saírnos. Pero se non damos convencido á autoridade pertinente do Guinness con esta proposta, ben podemos argumentar que, coas nosas variantes dialectais, podemos multiplicar aínda máis as nosas posibilidades. Ocórrenseme ata DEZASEIS variacións distintas:

Galicia

Galiza

Ghalicia

Ghaliza

Ghalisia

Ghalisa

Galisia

Galisa

A Galicia

A Galiza

A Ghalicia

A Ghaliza

A Ghalisia

A Ghalisa

A Galisia

A Galisa

Que? Mola ou non mola? ;-) Ímolos deixar flipaos.

5 comments Xuño 3rd, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta