Arquivo de 1 Xuño 2008

Os ‘tacos’ reflicten a túa afinidade coa lingua

Un amigo meu sostén a teoría de que, en sociedades bilingües, canto menos vulgares che parecen os ‘tacos’ dunha determinada lingua, máis afinidade tes con ela. Un exemplo: a palabra ‘cona‘ (galego) e a palabra ‘coño‘ (castelán). Unha deberíache soar máis vulgar ca a outra, non? Repara niso. Pois ben, se che parece máis vulgar ‘cona‘, segundo esta teoría, entón o teu subconsciente ten máis afinidade co castelán, e viceversa. O xogo é bastante divertido: proba a contrapoñer ‘polla‘ con ‘carallo‘, ‘joder‘ con ‘foder‘, ‘mierda‘ con ‘merda‘, ‘mear‘ e ‘mexar‘ e así un longo etcétera.

A min desde logo parécenme moitísimo máis vulgares e malsoantes as expresións en castelán ca as galegas (onde vai parar!), pero teño as miñas dúbidas. Non será en realidade que a idiosincrasia do galego admite mellor ese tipo de palabras ca o castelán? (de aí as protestas dalgúns castelánfalantes, que se preguntan por que hai tantos ‘tacos’ nas pelis dobradas ou subtituladas ao galego). E eu diría máis: non será que os que ven máis vulgares as palabrotas en galego teñen interiorizado un maior sentimento de auto-odio? Non o sei.

O caso é que, postos a trollear un pouco neste primeiro artigo, ocórreseme tamén que na cuestión dos ‘tacos’ é onde máis se confirman as miñas teses non-reintegracionistas. Hai algo máis popular, máis arraigado nunha lingua que as palabras malsoantes? Vedes posible que un galegofalante asuma como propias expresións lusistas como ‘bicha‘, ‘levar na bunda‘, etc. que xa teñen unha equivalencia en galego desde hai anos ou mesmo séculos?

E iso por non falarmos dos falsos amigos… En Portugal non lle pidas un ‘bico’ a alguén que non coñezas moito porque ‘bico‘ alí significa literalmente “unha mamada”; os ‘tomates‘ son os collóns (os ‘ovos’ ou ‘ghuevos’, vaia), e tampouco se debe dicir que fulana está tola ‘coma unha cabra’ simplemente porque alí ‘cabra‘ quere dicir ‘puta’.

Durante todo este tempo, estiven empregando o termo ‘taco’ para referirme ás palabras consideradas vulgares neste idioma. Pero xórdenme unhas dúbidas: É correcto dicir ‘taco’? A palabra ‘taco’ é un castelanismo? ‘Palabrota’ é un castelanismo? ‘Palabrón’ (do portugués ‘palavrão‘ sería un lusismo? Señores da Real Academia Galega, aclárenseme.

22 comments Xuño 1st, 2008


AVISOS

Últimos comentarios

E ti que galego falas na escala de alema? aquí

Mini-chat

Latest on Mon, 00:28

aita: hai alguén aquí? teño unha dúbida: cando se usa 'ó' e cando 'ao'

magnummare: ... un que funcione, porque xa vexo que o teu no vai moi ben... XD XD

magnummare: Señor alema!! com introduciu iso que ten ai de "este blog en portugues automatico"? grasias de antebraso!! :P

Yuji: Obrigado Aloquete. Vou colocar na minha lista pra quando pedir livros galegos! :) Ah sim, e achei um artigo seu sobre literatura galega em Portugal, [...]

Aloquete: Yuji, um romance magnífico é PAPAVENTOS, de Xavier Queipo. Cosmopolita, mas galego de cima a baixo.

» Escribe algo



Featured Advertiser

Artigos recentes

 

Xuño 2008
L M M X V S D
    Xull »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Categorí­as

Tags

Meta